
Esa visibilización das informantes tráenos os nomes de mulleres como Rosa e Aida, Lina e Lola, Corona, Hermosinda, Julia, Nicanora, Severina e Regina. Todas elas imprescindibles para a transmisión interxeneracional desta tradición. Os usos e funcións da música ou as técnicas interpretativas das propias informantes están presentes na conformación dos temas para a súa gravación, cunha intención declarada de ir máis alá da creación estética. A través dos 10 temas que propón este 'Vinde todas' transitamos por xéneros diversos dentro destes cantares, que van máis lá daquelas propostas bailables para amosar outras de diferentes intencións. Os arranxos do disco, na liña experimental de López, mesturan ás propias da tradición con outras vinculadas coas tendencias o recursos máis actuais, as veces acústicos e en moitos casos electrónicos, sinalando outro dos conceptos esenciais para ela: a adaptabilidade e flexibilidade da tradición. Tamén se inclúen sons ambiente e da propia natureza, os propios das recollidas de campo. Para a produción e gravación Carme Lopez contou coa colaboración de Arturo Vaquero, nos Estudios Abrigueiro de Friol. A nivel musical contou tamén coa colaboración das Pandereteiras de Toutón nalgúns do temas.