A artista galego-arxentina Catuxa Salom leva varios anos presente na escena musical do paÃs, en festivais e salas de concertos, sacando temas soltos e co seu EP 'Nunha aldea' (2022), hoxe mesmo ven de sacar á luz en plataformas o seu primeiro disco longo 'Cāldo' . O álbum debut da creadora, distribuÃdo por Altafonte, presenta nove temas co son caracterÃstico da artista, fusionando a música electrónica, os instrumentos de raÃz e os elementos da natureza en temas bailables, moitos deles claramente emparentados coa música tradicional galega ou con sonoridades latinoamericanas. O disco supón unha achega ao 'novo trad' desde a fusión multicultural.
Catuxa Salom, que neste ano 2024 acadou o Premio MartÃn Códax da categorÃa Músicas do Mundo e Mestizaxe mergúllanos neste disco nun universo sonoro único e ecléctico, con letras en galego ou en castelán, nas que a creadora aborda cuestións universais, coma o amor propio ou a liberdade, xoga con cuestións simbólicas e até inclúe versos en francés. O LP 'Cāldo' componse de nove pezas que nacen nun lugar concreto -a comarca da Ulloa-, e ao longo dos seus temas Instrumentos como o bombo legüero, a guitarra, o charango, a pandeireta, a voz ou o sintetizador dilúense nunha proposta rica e particular, que recolle ritmos como a muiñeira, o afrobeat, o drum and bass ou o dembow (reggaeton), e que representa á perfección o universo sonoro enérxico e diverso de Catuxa Salom. Conta coa produción impecable de Marcos Bayón, responsable tamén da gravación en Prasat Bayón Studio en Madrid.