
Nico Campos destaca na entrada que o filme 'A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos foi inspirado no xénero gore e na serie B, trata a historia dun grupo de rapaces que, á volta dun concerto, sofren unha avaría no seu coche e son acollidos por unha familia de gandeiros intoxicados polo LSD, dedicados ao canibalismo baixo o pretexto das cotas lácteas da Unión Europea. A película contou coa participación de actores como Manuel Manquiña, Juanillo Esteban, Julián Hernández, Silvia Pintos, César Strawberry, Teté Delgado ou Luisa Veira, ademais de ter na súa banda sonora temas de Siniestro Total e os Diplomáticos de Monte Alto. O filme acadou éxito en festivais como a Semana do Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián ou o de Sitges e chegou, incluso, á Moncloa. Segundo recolle Nico Campos da guionista Ana Cermeño, algunhas das cintas da película chegaron a través dela a mans de Alfredo Pérez Rubalcaba, daquela portavoz do Goberno de España, que expresou o seu interese polo filme. A prematura morte do actor, con só 30 anos, impediu que participara nun novo programa da TVG, Xabarín Club, dirixido por Suso Iglesias e no que Blanco tiña un personaxe, o Capitán Araña, que falaba do mundo do cómic. Malia iso a estética e concepto daquel Xabarín Club estaban directamente relacionados cos que caracterizaban ao propio Toñito Blanco.