Este 21 de novembro abre as súas portas no Museo de Pontevedra o XIII Encontro de Conservación e Restauración. A cita, que organiza esta entidade en colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, celébrase ata o dÃa 22 co lema "A madeira, soporte de bens culturais".
A cita abordará as particularidades do tratamento da madeira "en pezas arqueolóxicas, esculturas, pinturas e elementos singulares como retablos, embarcacións ou cadaleitos". Para isto, contará con especialistas internacionais como Mohamed Moustafa, conservador de artefactos de madeira do Gran Museo de Exipto, e mais David Pearson, director de conservación do buque do século XVI Mary Rose.
Canda a eles, Britta New e José de la Fuente abordarán a recuperación de pinturas sobre táboa na National Gallery de Londres e no Museo do Prado, mentres Luis Carlos Zambrano, do Museo de Cádiz e o equipo galego formado por MarÃa MartÃn, Clara González, Carolina Pérez, Yolanda Porto e Olga AguÃn tratarán da conservación de obxectos arqueolóxicos neste material.
Manuel Touza será o encargado de abrir o encontro a falar sobre intervencións en arquitectura co caso do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo. Mayte RodrÃguez, á súa vez, explicará a actuación na Casa do Labrador, no Real Sitio de Aranjuez. Rosa Tera, de Batea Restauración, falará dos tratamentos empregados na estabilización de retablos. Pola súa banda Manuel Moragues, David Mora e Héctor BolÃvar centrarán as súas intervencións sobre aspectos técnicos como o uso de masillas, os tratamentos contra termitas e a bioloxÃa da deterioración de obxectos de madeira.