Dez anos a dinamizar a vida cultural dunha vila coma Betanzos. Dezaseis números dunha revista, A Xanela que conta coa colaboración de destacados autores do país. Varios facsímiles e libros editados. A Asociación Cultural Eira Vella celebra o seu décimo aniversario cunha carreira a imitar ás súas costas.
Cara a 1992 nacía en Betanzos a Asociación Cultural Eira Vella. Un colectivo de persoas comprometidas co país e coa cultura nas súas máis variadas acepcións unían forzas para desenvolver actividades na vila. Na actualidade arredor de dezasete persoas manteñen unha completa programación e continúan a traballar pola cultura do país. Desde o comezo Eira Vella amosou un grande interese por achegar á xente de Betanzos aquelas figuras da nosa cultura e da nosa historia menos coñecidas polo grande público. Deste xeito, actos e homenaxes Manuel Antonio, Antolín Faraldo ou Roberto Blanco Torres fóronse sucedendo na vila das mariñas.
Recuperando a historia
A ollada ao pasado foi tamén o eixe que guiou a reedición de antigas publicacións, unha das actividades máis destacadas das que desenvolve o colectivo. Foi a través de Eira Vella que viu a luz a edición facsímile da colección completa da revista Rexurdimento que se publicou en Betanzos entre 1922 e 1923 e que recolle colaboracións dos máis destacados persoeiros da época. Tamén viu a luz o Refraneiro Agrícola Meteorolóxico elaborado por Salvador Golpe Pedro de Merille, o libro Orballeiras de Fernando García Acuña ou unha reedición do manifesto Mais alá, de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Na mesma liña realizaron xa en 1994 unha exposición antolóxica desde pintor e caricaturista, na que amosaron por primeira vez obras orixinais que até o de entón estaban en mans de particulares.
Letras e lingua
O interese pola literatura viuse tamén reflectido nas abondosas presentacións de libros organizadas desde a asociación. Editoras coma a extinta Letras de Cal, A Nosa Terra, Sotelo Blanco ou Espiral Maior foron e son habituais en Betanzos a través do traballo de Eira Vella. Desde o primeiro ano de actividade e até o 2000 organizaron tamén as Xornadas da Lingua, nas que se trataban diferentes cuestións do noso idioma até que se tiveron que suspender pola falta de apoio institucional, segundo a propia asociación. Onda estes actos sucedéronse unha boa cantidade de conferencias, exposicións fotográficas (con temas tan variados coma o ciclo da auga, as miserias de Nicaragua, ou a presenza de Galicia no Arxiu Mas) ou mostras de pintores locais coma Eduardo Muñoz. Eira Vella celebrou o centenario do cine en Betanzos coa proxección de varias películas, e do mesmo xeito conmemoráronse en 1998 os cen anos do nacemento de Lorca coa publicación dos Seis poemas galegos, unha exposición bibliográfica sobra relación do autor con Galicia e un recital poético.
Xanela aberta
Unha das iniciativas máis destacadas de Eira Vella é a publicación de A Xanela, Revista cultural das Mariñas. Unha publicación que comezou en 1994 coma suplemento ao xornal Betanzos y su comarca e que, logo de pasar un ano nesta condición, pasou a ser unha publicación semestral de distribución gratuíta. A súa tiraxe de setecentos exemplares chega a bibliotecas e particulares de toda Galicia, mentres que arredor de cen destas revistas destínanse a centros galegos no estranxeiro e á distribución en Portugal. A revista mestura nos seus contidos o afán por divulgativo, cun esforzo por tratar polo miúdo diferentes cuestións da nosa cultura, sen esquecer o eido local do que xorde. Deste xeito atopamos seccións fixas sobre o patrimonio das Mariñas, ou as colaboracións do colectivo de recollida Ruote que alternan artigos sobre as nosa música tradicional coa historia de antigos grupos populares da zona. En cada número lémbranse persoeiros destacados da nosa cultura que por algunha razón están de actualidade, incluíndo habitualmente textos orixinais de cada un deles. Para completar, A Xanela conta en cada número cunha coidada sección de creación literaria que recolle colaboracións habituais de coñecidos membros da asociación coma Emma Couceiro, Xabier López ou Xosé Luís López Sobrino. Onda eles atopamos a autores consagrados coma Chus Pato, Medos Romero, María do Cebreiro ou Lucía Aldao entre moitos outros e voces novas das nosas letras coma Samuel Solleiro, Gabriela Rodríguez, ou David Souto. Esta sección apóiase graficamente en ilustracións de colaboradores coma Víctor Tizón (que de cando en vez achega a revista páxinas de banda deseñada), Olaia Torres ou Luís Otero.
Os cartos
O financiamento de A Xanela chega por unha fonte que estrañará a moitos seguidores de publicacións culturais. Ferretaría Roque, o Café-Cantante Os Condes, a casa de pinturas Almacenes Royal, Fincas DoCastro, a papelaría Donín ou a discoteca Troula pagan boa parte dos custos da publicación. Normalmente tírase de xente coñecida, comerciantes que son amigos de membros da asociación, sinala Xosé Lois Sobrino. Trinta euros por anuncio e unha axuda da Deputación da Coruña que rolda os 150 euros, onda os anuncios de maior tamaño do Museo das Mariñas e de Edicións Xerais completan o orzamento para tirar a revista. O trato persoal é en boa medida o truco para conseguir os recursos. E tamén para xestionalos. Sobrino lembra cando trouxemos a Susana Seivane para a presentación dun número da revista veu pola cantidade máxima que temos fixada para unha actuación, que rolda os 180 euros. Do mesmo xeito as colaboracións gratuítas para a revista, a distribución da mesma ou a recompilación de publicacións baséanse no trato cara a cara.
Os anos
O pasado quince de novembro Eira Vella conmemoraba, cun certo atraso como eles mesmos recoñecían, o seu décimo aniversario. A presentación do número dezaseis de A Xanela, unha exposición de traballo gráfico aparecido na revista e un concerto foron as celebración. A pesar de que recoñecen que ás veces sentímonos un pouco faltos de apoio desde o concello o colectivo está xa a pensar nos proxectos para o vindeiro ano. Crear un ciclo de concertos para músicos novos, a editar un volume recompilatorio cos poetas que colaboraron na revista, organizar unha tertulia literaria, presentar novos libros e, por suposto, ir traballando xa no número de A Xanela que sairá a vindeira primavera son os máis inmediatos. E o que queda por ver.