A Romaxe da Nosa Señora dos Remedios, que se celebra cada 8 e 9 de setembro na Ermida (Quiroga), xa conta con protección como ben de interese cultural do patrimonio inmaterial. O Diario Oficial de Galicia deste 21 de outubro recolle a incoación do expediente para lle outorgar a máxima protección legal a esta manifestación de relixiosidade popular, que conta coas singulares figuras do Meco e as Pampórnigas como elementos diferenciais.
O "valor cultural sobranceiro que mantén o respecto pola tradición e polos rituais transmitidos de xeración en xeración" preséntase como principal argumento para o recoñecemento, a destacar o feito de que a celebración mantivo a presenza de xigantes e da figura do Meco ao longo do tempo malia á prohibición destes elementos no século XVIII pola Igrexa.
O Meco é unha figura enmascarada "que anuncia a súa presenza por medio dunhas castañolas, que porta na man esquerda, mentres que na man dereita leva unha vasoira de toxos coa cal vai afastando as persoas para que poida pasar o cortexo procesional", e acaba por se prostrar ante a Virxe cando esta entra na igrexa. Canda a el destacan na procesión previa á misa as Pampórnigas, "dous xigantes que simbolizan a un home e a unha muller e que van danzando unha peza tradicional do lugar". A estes súmanse a presenza das amortalladas que seguen a figura da Virxe como outro elemento singular.
A declaración ten en conta a "apropiación identitaria" que desta celebración realizou a veciñanza da Ermida e o feito de que participa dela poboación de sete concellos da contorna como outros aspectos destacados da celebración.
A incoación do expediente dota esta celebración coa protección como BIC de xeito provisorio ata a conclusión do mesmo. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural conta cun prazo de 24 meses para concluÃr a declaración.