O Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía, presentou este 16 de outubro a súa 52 edición. Desta volta, o programa achegará un total de 113 filmes de 31 países, dos que 86 son curtametraxes e 27 filmes de longa duración. Entre estes, atópanse nada menos que 15 estreas mundiais e 99 producións inéditas a nivel estatal.
A proxección do Batman de Tim Burton, filme do que se poderá visitar o seu icónico coche, abrirá o programa, que se desenvolve entre o 25 de outubro e o 2 de novembro. O home-morcego protagonizará a sesión de feche, cun concerto da Orquestra Clásica de Vigo a interpretar temas das bandas sonoras de filmes que o teñen como protagonista.
Ademais, a exposición O ano do morcego recolle as homenaxes de medio cento de nomes da ilustración estatal a este personaxe, con traballos de Jordi Bernet, Alfonso Azpiri, Maria Emege, Verónica Álvarez, Jorge Fornes, Javi Fernández, Chuma Hill, Salvador Larroca, Esteban Maroto Nekro, ou Laura Pérez Vernetti,
Na sección oficial poderán atoparse 12 longametraxes, con títulos como as arxentinas 1978, de Nicolás e Luciano Onetti, a estrea mundial de Retratos del Apocalipsis, de Fabián Forte, Nicanor Loreti e Luca Castello ou o Historias de Halloween, dirixida por Kiko Prada. Canda a estas, a sección Feito en Galicia acollerá catorce curtametraxes do país e a sección Alucine contará con dez longas, a incluír a terceira entrega da saga Terrifier.
Unha das novidades deste ano é a posta en marcha da Curtas Artist Alley, espazo orientado á presentación de novos nomes da creación artística galega. Tamén se desenvolverá nesta edición unha Noite Vampírica que combina a proxección da fita O baile dos vampiros de Roman Polanski cunha cea ambientada a cargo do cociñeiro Miguel Mosteiro.
Canda á mostra dedicada a Batman, o festival acolle outra mostra sobre de figuras e estatuas sobre a Liga da Xustiza, canda a outras dúas dedicadas ao traballo dos autores de BD Jaime Martín e Enrique V. Vegas. Un repaso ás representacións dos monstros creados por H.P. Lovecraft da man de Luís Camacho completa a sección expositiva do festival.