Os montes de Couso, en Gondomar, acollen este sábado 12 de outubro a presentación da intervención artÃstica Os sentires do monte. A creadora Asunción Molinos Gordo, nada en Burgos, asina esta proposta que se realiza logo dun demorado proceso de diálogo coa comunidade de montes local da man da asociación Concomitentes. A acción que se desenvolve este sábado consiste un percorrido guiado por este territorio no que se realizarán paradas en lugares de importancia onde se desenvolven un grupo de accións vinculadas aos elementos constituÃntes do monte.
A proposta de Molinos consiste en facer desta actividade unha festa ritual arredor do propio monte que a comunidade celebre de xeito anual. Ademais, a creadora desenvolveu tamén un Plan de Autoprotección do Monte que recoñeze os dereitos deste territorio, outorgándolle personaliade xurÃdica propia, que atende a "temas como o coidado, protección, uso, produción e transmisión de saberes no territorio".
O proxecto de participación que levou a esta proposta desenvolveuse desde 2023 coa mediación de Natalia Balseiro no marco da iniciativa Terra Común de Concomitentes, que á súa vez conta co apoio do proxecto europeo Art Living Lab for Sustainability'.
Segundo apunta a web do proxecto, "a comunidade de Montes de Couso desenvolveu a través dun intenso labor de mediación, un exercicio para imaxinar un desexo común: visibilizar entre as veciñanzas máis próximas e as mocidades un modelo sustentable, multifuncional e autosuficiente a longo prazo para o seu territorio, buscando tamén a continuidade deste legado de xestión comunitaria entre as novas xeracións".
Concomitentes inaugurara o pasado mes de maio a súa primeira proposta de arte contemporánea participada. Naquela ocasión foi a artista Carmen Nogueira quen interveu no Parque do Pasatempo por encarga da veciñanza da zona.