No documental "Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da transición", que o Consello da Cultura Galega presentou onte no Museo de Belas Artes da Coruña, Xosé L. Rivas Cruz "Mini" explica como foron os seus primeiros encontros coa zanfona, un instrumento que coñecÃan polo labor pioneiro de recuperación que fixera Faustino Santalices décadas antes. "A zanfona non a escoitaramos nunca pero eu creo que estaba aÃ, era un son familiar, era un son noso que transportaba a máis cousas que a simple melodÃa". A frase resume moi ben a historia narrada neste documental: como a zanfona, un instrumento aparentemente perdido para o folclore popular, volveuse incorporar a coincidir coa recuperación da identidade galega durante a Transición democrática e os primeiros anos da autonomÃa. Esta é historia contada neste documental dirixido por Ramon Pinheiro Almuinha e conducido por MarÃa Xosé Porteiro. Valiosas voces da música tradicional galega van detallando os seus encontros cun instrumento que simbolizaba as conexións co pasado da música tradicional galega. Entre eles Antón Corral, Miro Casabella, Carlos Villanueva, Xosé L. Rivas Cruz "Mini" (Fuxan os ventos), Pablo Quintana, Luciano Pérez (Obradoiro da Deputación de Lugo) ou Emilio Cao. Tamén os membros do pioneiro grupo didáctico de Zanfonas da Escola de Gaitas de Ortigueira: MarÃa del Mar Fernández Polo, Marta Pérez Ojea e Vicente Bermúdez Garrote. O documental foi realizado por aCentral Folque para o Consello da Cultura Galega e pódese ver completo nesta mesma noticia.