O Ourense Film Festival (OUFF) presentou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense o Palmarés da súa 29ª edición. Na Sección Oficial internacional a pelÃcula 'Los destellos', da directora Pilar Palomero, foi a elixida para levar o gran premio do certame, a Calpurnia á Mellor PelÃcula. Na Sección Oficial Panorama Galicia foi o documental de Adrien Bordone 'Mes amis espagnols' o que levou o Premio Xacobeo á Mellor PelÃcula. No filme de Bordone, este afonda no tema da emigración dende a experiencia dos fillos de emigrantes en SuÃza que, en plena adolescencia, teñen que trasladarse a Galicia. Tamén en Panorama Galicia, o Premio Ourense Film Commissión á Mellor Dirección recaeu en Emilio Fonseca, director ourensán, por 'Salvaxe, Salvaxe', un ensaio fÃlmico no que a cámara entra nos montes galego-portugueses procurando imaxes e ausencias do lobo ibérico. O xurado valorou de xeito especial "a hibridación de xéneros, o risco formal, o achegamento á natureza e a aportación de ofrecer ao espectador aquilo que non se pode ver". Seguindo na sección dedicada a Galicia, o 'Paisaje Épico', de Valeria Roig, levou o recoñecemento a Mellor Guión mentres que o de Mellor Interpretación foi para Aurora, a protagonista do documental da viguesa Area Erina, do mesmo nome. Unha historia na que dúas mulleres, Aurora e Area, de idades e experiencias distintas, crean unha relación Ãntima de conversas sobre a morte, a familia, a guerra ou o papel da muller.
Na Sección Oficial Internacional A Calpurnia a Mellor PelÃcula non foi o único recoñecemento para 'Los destellos', tamén levou unha mención especial na categorÃa de Mellor Interpretación polo traballo da actriz Marina Guerola. O Premio Carlos Velo á Mellor Dirección deste sección foi para as directoras Astrid Rondero e Fernanda Valadez por Sujo, unha pelÃcula mexicana que narra a historia dun neno de 4 anos fillo dun sicario asasinado. O galardón a Mellor Guión foi para Mongrel, ópera prima do taiwanés Wei Liang Chiang, unha proposta de realismo social no contexto da migración ilegal, que tamén leva unha mención especial en FotografÃa. Na categorÃa de Guión recibiu tamén unha mención especial 'La luz que imaginamos', da directora india Payal Kapadia. A Mellor Interpretación destea Sección Oficial Internacional é para VÃtor Roriz, protagonista do filme portugués 'O bêbado' do cineasta André Marqué. O Premio Especial do Xurado foi para a pelÃcula sueca Crossing, do director Levan Akin.