O Festival de Cans constituiu unha nova ferramenta de participación da comunidade: a Asemblea de Nenos. A el concorreron unha vintena de nenos da aldea con idades entre os 8 e 16 anos, co obxectivo de dar a súa opinión ao redor da programación do festival. A asemblea pediu unha sección de cine de animación especÃfica para nenos, máis contidos fantásticos, asà como máis actuacións musicais e cursos de formación audiovisual. Pero os nenos en cans tamén traballan como "guÃas dos camiños" e vanse integrando na estrutura da organización. "Agora mesmo hai sobre 15 rapaces que naceron co festival e que, desde que cumpriron 18 anos, son contratados para asumir diversas funcións como control de acceso ás salas, produción, rexidurÃa de espazos ou coordinación de diversas actividades", sinalan desde o Festival.