O Museo da Madeira e do Moble da Estrada acolle os vindeiros 27 e 29 de setembro o Encontro Internacional sobre graneiros elevados (hórreos). A Rede Hórrea convoca esta proposta que pretende analizar a situación actual destas construcións e o seu futuro, asà como os posibles usos que poden ter.
No programa atópanse desde presentacións sobre experiencias singulares de recuperación de construcións deste tipo como a realizada en Cantabria, ou o proxecto de "hórreo suite" do estudio de deseño Cenlitrosmetrocadrado, que propón transformar unha destas construcións nun espazo multifuncional. Repasos sobre os hórreos nos pazos galegos ou romano que apareceu no depósito de proendos, as peculiaridades que presentan no sur de Pontevedra ou os conxuntos de Angueira, Pedre e PortomarÃn estarán presentes tamén no encontro.
O impacto da despoboación sobre o patrimonio rural, os aspectos inmateriais e a sociabilidade arredor destas construcións ou os graneiros elevados de México, Brasil, os Alpes Franceses e Portugal contarán tamén con cadanseu relatorio. Ademais, unha mesa de debate sobre "¿Que facemos cos hórreos no S.XXI?" reunirá a Pedro de Llano, Carlos Seoane, Ana Filgueiras, José Valladares
Catuxa Salóm e Manoele de Felisa presentarán neste encontro cadanseus temas musicais dedicados a estas pezas, mentres Carlos Regueira Méndez dará a coñecer a versión 2.0 do seu Atlas do Hórreo Galego. O encontro finalizará cunha excursión por diferentes hórreos destacados de Rianxo, Dodro e A Estrada.