En 1924 chegaba por vez primeira a Santiago de Compostela Ruth Mathilda Anderson. Esta fotógrafa enviada pola Hispanic Society of America retratou en diferentes viaxes a sociedade galega do momento, deixando un legado de imaxes de grande importancia para coñecer a historia do paÃs.
A conmemorar o centenario daquela primeira visita o Concello de Santiago, da man da cooperativa MaOs, presentou o proxecto Ruth e o Leviatán. Unha páxina web e catro roteiros guiados pola cidade darán a coñecer o traballo desta investigadora. As visitas desenvolveranse entre os dÃas 26 e 28 de setembro para 30 persoas de cada vez e inscrición de balde.
A web que fai parte do proxecto recolle, en texto e en audio, os contidos básicos do paseo en galego e en inglés. Ademais, amosa unha selección de 41 imaxes da autora, a metade das cales non se presentaran no noso paÃs e catro son totalmente inéditas. As visitas guiadas, pola súa banda, percorren doce espazos da cidade de Compostela nun percurso que se desenvolve aproximadamente en dúas horas. O percorrido destas poderá realizarse de xeito autoguiado a seguir os contidos do web ou mediante os códigos QR situados en cada unha das paradas.