Os campamentos romanos da provincia da Coruña foron construÃdos ao redor de fortificacións da Idade do Ferro. Esta é unha das conclusións cientÃficas do proxecto Finis Terrae, a iniciativa do colectivo de investigación romanarmy.eu para investigar dous recintos militares romanos descubertos recentemente na provincia da Coruña, o campamento romano de Santa Baia (A Laracha) e o recinto fortificado de O Castrillón (Touro). A través das sondaxes arqueolóxicas, os arqueólogos puideron determinar que os campamentos foron construÃdos e abandonados con rapidez, e que empregaron sitios arqueolóxicos fortificados da Idade do Ferro. No caso de Santa Baia, coñecÃase a existencia dun castro na zona superior do outeiro. As analÃticas puideron datar a muralla na primeira Idade do Ferro (séculos VI-III a.C.) e as sondaxes suxiren que o castro poderÃa estar xa abandonado no tempo no que os romanos chegaron ao recinto. Pola súa banda, a fortificación de O Castrillón tamén contaba con dous recintos: unha pequena acrópole e un recinto alongado aproveitado a dorsal dun outeiro. As analÃticas tamén permitiron determinar dúas fases no xacemento, identificando que o recinto superior foi tamén construÃdo na Idade do Ferro, ao redor do século V-IV a.C., mentres que o máis amplo recinto inferior foi construÃdo con posterioridade en época romana. A investigación, que contou co apoio da área de Patrimonio da Deputación da Coruña, integrou o desenvolvemento de produtos divulgativos no proceso mesmo de investigación, producindo ilustracións, recreacións tridimensionais dos xacementos a partir dos datos investigadores e mesmo un podcast para acceder aos resultados. No interior da noticia podes ver as recreacións elaborada polo Centro Infográfico Avanzado de Galiza para o proxecto. Os resultados foron presentados polo coordinador do proxecto Finis terrae, o profesor da Universidade de Salamanca José Manuel Costa GarcÃa, e por Xosé Luis Penas, deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña.
Castro e campamento romano de Santa Baia (A Laracha)
Castro do Coto de San Sebastián e recinto fortificado de O Castrillón
Castro e campamento romano de Santa Baia (A Laracha)
Castro do Coto de San Sebastián e recinto fortificado de O Castrillón