A Torre da Fortaleza de Sarria, un dos monumentos máis recoñecibles desta vila de Lugo, mudou de dono este verán. A familia Pérez Batallón, ata o de agora propietaria deste Ben de Interese Cultural, chegou a un acordo cun empresario local para realizar a venda dun conxunto que se atopa en estado ruinoso. A protección legal do ben e mais a normativa urbanÃstica municipal impiden que este espazo, que inclúe unha finca de 9.000 metros cadrados, se poida dedicar a outros usos que non sexan hoteleiros ou de servizos.
A adquisición motivou reclamacións da oposición do Concello de Sarria, entidade que nesta operación non exerceu o seu dereito de tanteo, que lle permitirÃa facerse co ben polo mesmo prezo da transacción privada. Do mesmo xeito, desde a oposición municipal, tanto o grupo do PP como o do PsdeG denunciaron a falta de interese do Concello por intervir nesta operación. Camiña Sarria, actual responsable do Goberno Local, aseguraba que ao montante da operación, que cifran en máis de dous millóns de euros, a facÃa inasumible para as arcas municipais.
O BNG fixo extensivas as rúas reclamacións á Xunta de Galicia, que fixo por exercer este dereito recentemente noutros BICs como son a Torre de Caldaloba ou os murais de Urbano LugrÃs conservados nun edificio da Coruña. Camiña Sarria confÃa en que a operación leve a unha rehabilitación do conxunto e que facilite establecer o réxime de visitas fixado por lei para elementos recoñecidos como Ben de Interese Cultural.