
O traballo de Magar permitiulle atesourar un importante arquivo histórico que percorre a historia da cidade durante catro décadas. Manifestacións, eventos sociais e deportivos ou escenas cotiás sucédense nunha colección de imaxes que xa foron escolmadas por edicións Xerais, que lle dedicou tres volumes á súa obra.
O seu traballo protagonizou ademais a exposición 40 anos en Branco e Negro que se puido ver na Casa das Artes en 2002, e valeulle o recoñecemento como o de Vigués distinguido en 1996, a Insignia de Ouro do Real Club Celta, o Premio de Xornalismo Gráfico de Galicia (1986) ou o Premio Nacional Fotopress 87.
En 2002, logo do seu retiro, promoveu a Fundación Magar para favorecer a investigación sobre a acondroplasia, onde se conserva todo o seu arquivo.