O Museo Etnolóxico de Ribadavia reúne o patrimonio relixioso da parroquia

A exposición temporal poderá verse ata o vindeiro 31 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Museo Etnolóxico de Ribadavia reúne o patrimonio relixioso da parroquia

Co título Ribadavia no seu patrimonio relixioso o Museo Etnolóxico da vila abría este 23 de xullo unha exposición que amosa 40 pezas deste tipo chegados das parroquias de San Domingos de Ribadavia e de San Cristóbal de Regodeigón, da provincia franciscana de Santiago de Compostela e do Seminario Maior Diocesano Divino Maestro.

Pezas de ourivaría litúrxica de latón, prata e prata sobredourada, libros sacramentais de confrarías e de historia local e tallas devocionais en madeira policromada fan parte de proxecto que pon en valor o traballo de Francisco de Castro Canseco e Marcelo de Montanos, dous prateiros que exerceron o seu traballo na provincia de Ourense entre os séculos XVI e XIX. O material compleméntase con dúas pezas audiovisuais sobre este patrimonio.

A mostra artéllase en seis bloques dos cales o primeiro amosa unha selección de libros sacramentais das antigas parroquias das vila, outro dedicado ás ordes mendicantes locais e un terceiro centrado en orfebrería e material de culto datado entre os séculos XVII e XIX.

O cuarto espazo aborda á devoción á virxe nas advocacións locais á Virxe do Portal, á Virxe da Oliveira e mais a Nosa Señora dos Anxos. Os santos, con San Xurxo e os relicarios conservados na parroquia de Santo Domingo protagonizan o quinto bloque, mentres o sexto amosa imaxes da vida parroquial da vila desde 1905, cando se suprimiron as antigas freguesías. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 31 de decembro.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Etnolóxico de Ribadavia, Santiago de Compostela, Santo Domingo, Ordes...