Dunha banda, o proceso de partida dos emigrantes e a súa integración en Cuba, doutra os debates públicos ao redor que tiñan que ter os indianos nos procesos de construción e administración da educación xa na década de 1930 e por último a visión da emigración máis tardía ao Reino Unido. Estes son as temáticas dos tres libros presentados hoxe á mañá no Consello da Cultura Galega. Dous deles corresponden á colección Clásicos da Emigración: Estebo (1927), de Xosé Lesta Meis, unha novela na que se inclúen pasaxes da memoria autobiográfica deste autor da época das Irmandades da Fala, Verdades como puños y consideraciones (1935), de Justo Taladrid, no que o autor se defende do acusación de particulares e institucións de que estaba a obstruír a construción dunha escola pública en viveiro. No acto tamén se presentou o catálogo da exposición As xeracións do Montserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido. Na presentación participaron Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Miro Villar, autor do estudo introdutorio da obra Estebo de Xosé Lesta Meis, Emilio Xosé Ínsua, autor do traballo de contexto de Verdades como puños y consideraciones de Justo Taladrid. Pola súa banda, Pepe Barro presentou o catálogo da exposición As xeracións do Montserrat.