A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira está de actualidade esta semana por partida dupla. Ven de abrir a exposición 'Os homes, por Castelao' na Colección de Roberto Taboada', que mostra os traballos do rianxeiro publicados no xornal vigués Galicia durante o ano 1925 e logo utilizados na publicación 'Cincoenta homes por dez reás '(1930). Por primeira vez se poden ver as 68 pranchas de cinc orixinais utilizadas na prelo da publicación acompañadas polas publicacións orixinais do xornal Galicia. Tamén se expón unha pequena mostra de distintas edicións do volume 'Cincoenta homes por dez reás'. O museo ribeirense rende asà unha nova homenaxe ao intelectual rianxeiro centrándose neste caso na súa faceta como ilustrador, que empregou para plasmar as diferentes tipoloxÃas masculinas do seu tempo. Faino a través das pranchas que, segundo se considera, se realizaron nos propios obradoiros do xornal Galicia, que botou a andar en 1922, e estiveron esquecidas ata os anos noventa cando as recuperou Roberto Taboada, propietario dunha das coleccións máis extensas sobre a obra de Castelao.
Noutra orde de cousas a fundación deu a coñecer o fallo do xurado do XV Premio Atlante de Gravado que convoca cada ano. O artista gaditano Wenceslao Robles Escudero foi o merecedor do Premio Ramiro Carregal por unha estampa sen tÃtulo realizada mesturando técnicas como augaforte, augatinta e punta seca. Recibitrá un premio en metálico de 5.000 euros. A coruñesa Elvira Paz gañou o galardón reservado para artistas galegos, que ten unha dotación de 2.000 euros. Por outra parte repartÃronse outros tres premios que foron para dúas artistas polacas, Anna Trojanoswska e Alicja Stróyk e a española MarÃa Luna. O xurado estivo formado por Alfonso Costa, Soledad Penalta, Carmen Hermo, Isabel Pintado, Juan Monterroso, José Manuel López e José Daniel Buján. En total, concorreron 250 obras de case 180 artistas, chegadas desde 16 paÃses diferentes. Unha selección de 38 estampas das presentadas conformará unha vindeira exposición sobre o certame que acollerán as salas do museo.