Non foi só un barco que embarrancou fronte ás nosas costas. Nin tan sequera outra das mareas negras que ennegreceron as praias e rochas. O afundimento do Prestige foi o punto de inflexión dun movemento social que se organizou cívica e culturalmente para saír ás rúas para berrar Nunca máis. Hoxe, cando se cumpre un ano do accidente que desembocou a traxedia, concellos, sociedades, asociacións ben en solitario ben agrupadas na plataforma Nunca máis, nun alarde de imaxinación, volven saír ás rúas con numerosos actos culturais. O lema 365 días dignidade, 365 de incompetencia.
Hai xusto un ano as edicións dixitais da prensa e as radios iniciaban a crónica dunha morte anunciada. Ás 15:15 horas o petroleiro monocasco lanzaba un SOS, ao tempo que perdía combustible a 28 millas de Fisterra. O Prestige estivo nove días vagando polo litoral ata que partiu en dous vomitando a súa carga sobre o mar. E mentres a actualidade estaba pendente do que acontecía a catrocentos quilómetros da costa, en terra levantouse todo un muro social que con imaxinación e voluntariosidade vestiuse de branco para recibir á marea negra e alzouse, por primeira vez en moito tempo, para protestar.
Non foron só as manifestacións que encheron Galicia sen precedentes, foi todo un desbordamento cultural. Hoxe no cabodano da marea negra máis daniña que tivo Europa na súa historia, cada quen recorda a traxedia ao seu xeito. Pero no fondo subxace unha idea: non se pode esquecer.
O día D
Santiago, A Coruña, Vigo... por toda a xeografía galega hoxe repetirase o mesmo nome: Prestige. En Santiago a cita comeza ás 20:30 horas na Praza do Toural onde Rosa Aneiros será a voz de todos os que non queren esquecer o aniversario e lerá o texto escrito por Manolo Rivas que se titula "O manifesto das nove ondas". O texto é o mesmo que se lerá en todas as concentracións convocadas pola plataforma; máis tarde ás 22:30 horas Colectivo Burla Negra presentará na Sala Nasa o libro-disco Sempre mar. Na Coruña haberá unha cacerolada de protesta. En Vigo continuarán as xornadas, as exposicións e os recitais de poesía que desde o luns a Asociación Galega de Editores e a Concellería de Cultura desenvolve na biblioteca Central de Vigo para recordar a catástrofe. En Boiro poderase ver a mostra que o colectivo de debuxantes, que integra a máis de cen autores galegos e de banda deseñada, está a mover por toda Galicia baixo o título de Chapapote móvese. En Ferrol haberá unha concentración no Cantón a partir das sete e media da tarde, que concluirá cunha mesa redonda no Torrente Ballester no que se pretende analizar as consecuencias do verquido do Prestige. En Italia, a Galería Sargadelos de Milán inaugura a exposición fotográfica do País de Nunca Máis de Xurxo Lobato sobre a catástrofe e que permanecerá aberta ata o mes de decembro.
Ademais, no Consello da Xunta de hoxe o goberno aprobará o Plan galego de continxencias por contaminación mariña e prevención, co obxectivo de dar resposta, segundo anunciou o conselleiro a Europa Press, a traxedias coma do Prestige.
Pero a gran cita, á que convocan os máis de corenta colectivos integrados na plataforma cívica Nunca Máis, é o domingo 16 de novembro en Compostela. A partires das 12:00 da mañá comezará a manifestación que levará como lema principal 365 días de dignidade, 365 de incompetencia.
As actividades
Ademais das manifestacións convocadas para hoxe e para o domingo, existe unha serie de actos de tipo cultural chegados desde colectivos, persoas individuais, institucións que quixeron achegar o seu brazo de area. A Burla Negra, asociación formada por artistas e escritores acaba de editar Sempre mar un libro-disco que recolle a visión de 117 escritores, 27 grupos musicais e 18 ilustradores sobre a traxedia do Prestige. O Consello da Cultura Galega, que xa celebrou unhas xornadas para coñecer como se abordaron as consecuencias desta marea negra nos casos do Exxon Valdez e do Erika, acaba de presentar unha banda deseñada (con guión de Marilar Aleixandre e ilustracións de Fran Bueno) que explica de xeito didáctico a esforzada e solidaria reacción posta en marcha para combater a catástrofe do "Prestige" e as consecuencias sobre o medio.
A importancia da imaxe
O impacto medioambiental deixou tras de si imaxes moi gráficas e ilustrativas do que supuxo o derramamento de fuel do Prestige. Por iso, exposición fotográficas, pictóricas e mostras visuais organizadas durante todo o ano serviron un pouco de forma de concienciación ao cidadán. Sen embargo, o sector que mellor soubo e puido aproveitar esta situación é o audiovisual. Directores e productores de todo o mundo quixeron plasmar esta situación dando lugar a numerosos documentais e pezas audiovisuais.
Prestige, o desastre na costa da morte é o título co que a afamada cadea de documentais Discovery Channel presentou a súa visión do Prestige. Un traballo dirixido por Jose Angel Montiel que non foi ben acollido no marco do Festival de Cine de Ourense a onde chegou logo da súa presentación na Coruña. O documental poderase ver a través de Discovery Channel o vindeiro día 16 ás 21:00 horas. Tamén da man da productora coruñesa Continental chega Aguiño, sobrevivir ao Prestige de Sandra Sánchez. Muxía, política na costa da morte de Ricardo Llovo completa os traballos feitos ata o momento e que foron presentados no festival ourensán que se desenvolve esta semana.
Pero hai máis traballos que aínda están sen rematar. Son os do actor e cineasta Daniel Guzman que anunciou que está a ultimar coa productora "Boca a boca" un documental baseado nas causas, consecuencias e manipulación mediática que se derivou do afundimento do Prestige. E é que, como asegurou o propio Jorge Coira non é un tema que esgote porque non só ten valor como actualidade, senón tamén polo movemento social que xerou que da lugar a moitas máis visións. E esas visións son as que pretende recoller Nunca máis: a película colectiva. Un proxecto que a Plataforma Nunca Máis vén de presentar no Festival de Cine Independente de Ourense. Trátase dun proxecto de película de curtametraxes de ficción no que as productoras Media Pro (catalana) e Produccións do País de Nunca Máis (productora creada por Carlos Ares, Andrés Mahía, Suso Iglesias, Xosé Castro e Xosé María Blanco) traballan desde o pasado mes de xaneiro. Trátase dunha serie de curtametraxes agrupados en forma de película, ao estilo 11S, nos que directores como Cesc Gay, Fernando León, Máteo Gil, Jorge Coira, Xabier Villaverde e unha listaxe que se pechará o vindeiro mes de novembro traballarán para ofrecer a súa particular visión do feito. A película comezará a gravarse en marzo e ten prevista a súa estrea comercial o vindeiro 13 de novembro do 2004.
Conmemorar o recordo
Se hai unha idea que agrupa todas as actividades convocadas para o día de hoxe é a de recuperar a memoria. E neste sentido Uxía Senlle, membro da xunta xestora da Plataforma Nunca Máis, anunciou a creación dunha fundación (a Fundación Nunca Máis) para preservar a memoria dos feitos coma este, para que non se esquezan. Xa non só a memoria do Prestige, senón de todos os barcos que embarrancaron fronte as nosas costas: Polycommander (4-5-1970), Urkiola (12-5-1976), Andros Patria (31-12-1978), Aegean Sea (3-12-1992). Unha fundación que se financiará cos cartos que se recaden da película Nunca máis unha vez que estea amortizado o seu financiamento e que servirá de depósito das traxedias para que se poida aprender dos erros, para que non se repitan.
Documentais, películas, exposicións e publicacións recordarán que tal día como hoxe hai un ano un barco emitiu un SOS que marcou un antes e un despois na conciencia social.
Banda Deseñada: Parando a marea negra.Hai xusto un ano as edicións dixitais da prensa e as radios iniciaban a crónica dunha morte anunciada. Ás 15:15 horas o petroleiro monocasco lanzaba un SOS, ao tempo que perdía combustible a 28 millas de Fisterra. O Prestige estivo nove días vagando polo litoral ata que partiu en dous vomitando a súa carga sobre o mar. E mentres a actualidade estaba pendente do que acontecía a catrocentos quilómetros da costa, en terra levantouse todo un muro social que con imaxinación e voluntariosidade vestiuse de branco para recibir á marea negra e alzouse, por primeira vez en moito tempo, para protestar.

A publicación editada polo Consello da Cultura Galega recolle a esforzada e solidaria reacción posta en marcha para combater a catástrofe do "Prestige" (Guión de Marilar Aleixandre e ilustracións de Fran Bueno)