O Pazo de Santomé, en Mondoñedo, acolle estes 6 e 7 de xullo o III Encontro Álvaro Cunqueiro, que se celebra baixo o lema "Cunqueiro aquí e acolá". A Universidade de Santiago de Compostela, co apoio do Concello de Mondoñedo, organiza esta actividade coordinada por Armando Requeixo.
Segundo explica a presentación da iniciativa, nesta xeira quere abordarse "a influencia do autor na literatura galega posterior, a coexistencia das súas facetas de escritor e xornalista, a súa visión e utilización dos conceptos de mito e símbolo en relación ao seu transfundo filosófico, as relacións literarias e amigables con especial incidencia no seu epistolario ou a cuestión de xénero na súa escrita e posición sistémica, entre outros asuntos".
No programa atópanse intervencións como "O latín, como 'divinas palabras', na vida e na obra de Álvaro Cunqueiro" a cargo de Xesús Alonso Montero ou as mesas redondas sobre "A escola literaria cunqueiriana", coa participación de Tamara Andrés e Marcos Calveiro ou o mito e o pensamento na súa obra, que desenvolven Rocío Carolo Tosar e Marcelino Agís Villaverde.
O epistolario do autor abordarase con César Cunqueiro, Cristina Fiaño e Claudio Rodríguez Fer, mentres Carmen Blanco e Malores Villanueva tratarán o xénero na súa escrita. A escola xornalística cunqueiriana analizarase da man de María Xosé Porteiro e Lois Alcayde Dans. O encontro inclúe ademais un roteiro polos lugares da vila máis vencellados ao autor.