Este vindeiro domingo, 23 de xuño, o Teatro Colón da Coruña acollerá a presentación de BASAl, o novo disco e espectáculo de UgÃa Pedreira, 'A Pedreira' dentro do ciclo 'Coa nosa voz' da Deputación Provincial. Segundo o dicionario da RAG, basal é un adxectivo para aquilo "que está situado na base dunha formación orgánica ou dunha construción". No seu novo traballo e segundo en solitario, "BASAL" (Raso estudio, 2024) A Pedreira mantén perceptible a súa base permanente e interior construÃndo sobre ela con capacidade orgánica e fluÃda. Neste disco de oito temas faise unha viaxe polas diferentes 'a-pedreiras' que conviven dentro de UgÃa e que xuntas debuxan o mapa do seu percorrido vital e musical desde os tempos de Chouteira fai trinta anos ata a actualidade. Jazz, folk tradicional, electrónica, rock, sons brasileiros, mexicanos, cubanos ou portuarios de todas as costas... Tal e como podemos escoitar se facemos un percorrido pola súa discografÃa, colaboracións e espectáculos dentro dela viven todas as músicas coas que imos topar neste disco que xa está dispoñible en plataformas dixitais.
Presentada como case "unha obra terapéutica", A Pedreira conecta en BASAL música, psicoloxÃa, territorio e corpo-casa como elementos fundamentais que atravesan as cancións e tamén Cuba, Brasil e Galicia, na súa ampla perspectiva musical. As participacións coas que conta o disco son tamén coincidentes coa variedade conceptual e contribúen na conformación deste BASAL que expande os lÃmites da canción alternativa e a música tradicional de autora. Contando na produción e arranxos con artistas como Guadi Galego, Arturo Vaquero (Estudios Abrigueiro de Friol) ou Marina Oural, entre outros, o resultado desde BASAL tampouco ten que ter lÃmites no seu alcance. Indo aÃnda máis alá do que xa foi o seu primeiro disco en solitario "Segmento cantabrico" (2022). Nos oito temas deste novo traballo a escoita viaxa por unha fusión de estilos diversos, pintando a música galega desde un magma amplÃo e transversal, e confirmando a UgÃa Pedreira (Foz, 1970) como unha conxunción de "voz e cerebro" de referencia na cultura galega de vangarda das últimas décadas.