A carreira como compositor musical do vigués Enrique X. Macías (1958 -1995) considerouse sempre unha "carreira truncada" pola súa temperá morte aos trinta e seis anos. Musicalmente, a súa obra foi debedora no vangardismo europeo posterior á II Segunda Mundial, con obras coma "Nobilísima Visione" ou "Iubilaem". No intre da súa morte estaba considerado coma un dos principais compositores da escena galega e un pioneiro na música electroacústica. Foi obxecto de numerosas homenaxes institucionais e musicais. Agora, segundo informa o xornal Faro de Vigo, a familia do autor ven de asinar un convenio na forma legal de contrato comodato coa Universidade de Santiago de Compostela para depositar nela os fondos do seu arquivo persoal, que inclúe partituras orixinais, cartas, cintas magnetofónicas e outra documentación. O material será trasladado USC co obxectivo de que sexa a institución a que custodie os fondos e facilite o acceso a estudantes e investigadores interesados na obra de Macías. Este acordo ten unha duración inicial de dez anos e os fondos seguen a ser propiedade da familia.
Macías foi bolseiro durante catro anos do Instituto para a Nova Música de Darmstadt en Alemaña, ademais de traballar nos estudios de música electrónica da Radio Finlandesa e na Academia de Música de Cracovia. Chegou así mesmo a ser compositor invitado no Instituto de Sonoloxía de Utrecht e obtivo premios coma o holandés Gaudeamur ou o Cristobal Halfter en España. Con motivo deste acordo a USC celebrará o vindeiro 19 de xuño, ás 12.30 horas no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, un acto aberto ao público no que amosarán algúns dos materiais deste legado e reproducirase unha obra acusmática de Macías 'Lied für María' (1982) usando unha cinta magnetofónica orixinal cun reprodutor analóxico. No acto participarán o reitor da USC, Antonio López; o irmán de Enrique X. Macías, Javier Macías; a coordinadora do Grupo Organistrum, Montserrat Capelán; a directora de la Biblioteca Universitaria, María Isabel Casal, e o investigador e percusionista, Roberto Oliveira a cuxa iniciativa débese en gran parte este acordo.