Tres dos nomes máis destacados do panorama da banda deseñada galega alternativa teñen obra nova nesta primavera. Pepa Prieto Puy está a presentar Mis agendas semanales, a súa primeira obra longa que chega da man de Apa-Apa Cómics. O proxecto compila unha selección dos cadernos nos que autora retrata, en forma de BD, a súa vida cotiá ao longo dos últimos catro anos. Versións de cancións, historias surrealistas e experimentacións narrativas danse cita nesta obra de 192 páxinas.
Da mesma editora chega ás librarÃas El buen ciudadano, último traballo de Andrés Magán. A obra narra a viaxe espiritual que aborda Juan M., dono dunha librarÃa online, e que mestura a San Xoán da Cruz con xardineiros, vaqueiros ou mestres zen "nun emocionante e por momentos perigoso traxecto polas cavernas menos iluminadas da consciencia", segundo a presentación da bora.
Finalmente, Blackie Books achega o novo proxecto de Roberta Vázquez, Casa desastre. A obra, que supón a primeira aproximación da autora ao público infantil, amosa o persoal universo da autora, con vexetais e obxectos animados que conviven e se axudan nun fogar no que se suceden os desastres. A obra combina nas súas 144 páxinas as formas da BD coas do libro de lectura convencional.