O Centro Sociocultural Santa Marta, en Santiago de Compostela, acolle este 8 de xullo a sexta edición do Fun fun fun. O encontro de autoedición medra nesta xeira co apoio municipal e incorpora unha xornada académica o dÃa 4 sobre "Autoedición, arte gráfica e colectivos independentes entre Galiza e Portugal" que se celebra na Facultade de XeografÃa e Historia da USC co apoio do grupo de investigación IDEAHS.
A sesión de análise contará coa presenza de Teresa Moure e da investigadora portuguesa Paula Guerra, que abordará a autoedición no seu paÃs entre 1978 e 2022. Pola súa banda, Miguel Anxo RodrÃguez falará sobre "Os espazos independentes e a creación alternativa entre Galiza e o norte de Portugal". A sesión académica finalizará cunha mesa redonda sobre intercambios neste ámbito nas dúas bandas da Raia da man de Miguel Carneiro, Marco Mendes, Berto Fojo e Natalia Umpiérrez.
O dÃa 8, a tradicional feira de fanzines estará acompañada de obradoiros de creación gráfica e audiovisual e mais de fotografÃa. Unha presentación do proxecto El delicioso con Maru e Cibrán, a Performance Lobopoética con Benxa Otero e Neves RodrÃguez, dúas sesións DJ e unha festa final completan o programa.
Pola súa banda, o encontro de autoedición coruñés acaba de anunciar o I Premio Autobán ao mellor fanzine galego. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 16 de xuño a todas a publicacións en galego ou realizadas no noso paÃs e autoeditadas entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 15 maio de 2024. O premio conta cunha dotación en metálico de 1.250 euros e un trofeo personalizado por Aisha Rey.