Puntual na súa cita coa contemporaneidade artística comeza este venres, 3 de maio, na Coruña a sétima edición do Festival RESIS de Música Contemporánea que converterá á cidade herculina no vórtice internacional deste xénero cun variado programa a desenvolver ata o vindeiro 9 de xuño, aínda que porá o punto final o 12 de xuño en Roma. Na capital italiana, no marco da Academia de España, repetirase o concerto de apertura do festival: "Y entonces" (variacións canónicas sobre Luigi Nono) a cargo do cantaor Niño de Elche e o músico Miguel Álvarez- Fernández. Esta proposta será a que abra o festival na Fundación Luís Seoane este venres e que chega acompañada dunha exposición sobre o compositor italiano Luigi Nono, en homenaxe polo centenario do seu nacemento. Tamén terá lugar a proxección do documental 'I film di famiglia' da súa filla Serena Nono, baseado nas filmacións domésticas en S8.
A obra de Nono estará presente tamén no resto do programa a través da interpretación das súas pezas coma nun concerto a celebrar na Fábrica de Tabacos o sábado 11 de maio, no que ademais da peza "La fabbrica illimunata" (1964) do artista italiano, terá lugar a estrea da peza SEREAS (Oda Ludita)" de Xoán-Xil López desenvolvida nas Residencias Artísticas do Gaiás, que é un encargo do Festival RESIS inspirado polo levantamento que tivo lugar na Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857 cando as traballadoras reveláronse tirando as máquinas recentemente adquiridas ao mar. Escrita para soprano, voz falada, acordeón, cello, percusión e electrónica, e baseada nos textos escritos por Alba Cid para a ocasión, dialoga cun dispositivo formado por seis sirenas mecánicas, voces artificiais que lembran as sonoridades da sirena da propia fábrica, un fito da paisaxe sonora da cidade que aínda permanece na memoria e o imaxinario de moitas persoas.
O Festival RESIS, creado no 2018 polo compositor coruñés Hugo Gómez-Chao é un evento artístico que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda co patrimonio e os espazos naturais da Coruña, achegando a música contemporánea á cidadanía. O programa lévase a cabo en diferentes espazos da cidade como os xa mencionados Fundación Seoane e Fábrica de Tabacos, ademais de Teatro Colón, Domus, Paraninfo da UDC, Pazo da Ópera, MUNCYT ou Museo de Belas Artes. O program inclue tamén dous eventos fóra da Coruña, o xa citado en Roma e outro en Madrid, no Círculo de Belas Artes. Formacións da cidade como a Banda Municipal ou a Camerata OSG comparten cartel con formacións de toda orixe coma o Arxis Ensemble, que xa repite neste festival pensado xustamente para este tipo de perfil artístico. A asistencia é de balde previa retirada de convite na propia páxina web do evento.