A Casa da Cultura de Milladoiro acolle o vindeiro 7 de maio ás 20:30 horas o acto de entrega dos II Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas. A asociación Escena Galega, que agrupa as empresas do sector, recoñece con estes galardóns "profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellados ás artes escénicas de Galicia".
A "contribución á cultura enxebre e ao teatro de monicreques durante os seus case 40 anos como entidade de produción e exhibición, sendo un exemplo na posta en valor da disciplina dentro e fóra destas nosas fronteiras" valeulle á compañía Títeres Cachirulo facerse co recoñecemento de ser nomeada Socia de Honra da Entidade.
Fátima Rodríguez-Consultora Promove recibirá pola súa banda o recoñecemento Ao compromiso feminista entre caixas. A homenaxe valora "o seu labor en prol da igualdade real entre homes e mulleres dentro do ecosistema escénico galego, con accións como o desenvolvemento do Protocolo contra o acoso sexual e por razón de sexo/xénero nas artes escénicas e musicais, que é pioneiro no Estado español".
O galardón Toda unha vida a sachar outorgóuselle a Madó Santos polo seu arduo traballo de deseño, xestión e programación de artes escénicas profesionais no Concello de Muros, municipio galego que máis inviste en cultura por veciño e ano. O espazo A Casa Vella de Amiadoso (Allariz) recibirá o premio Do rural ao universal a destacar "o labor feito ao longo dos seus tres anos de existencia en prol da dinamización e creación das artes escénicas galegas dende a contorna rural, o seu gran traballo na creación de públicos e o seu modelo de busca de financiamento e xestión, posto en valor en foros estatais".
De Erregueté-Revista Galega de Teatro a homenaxe Á longa travesía no deserto valora a súa "exemplaridade e esmerado desempeño na difusión das artes escénicas galegas como publicación que conxuga dende os seus inicios información, creación, divulgación e estudo das nosas artes escénicas. E por atender a todas as disciplinas ao longo dos anos co rigor que merece a súa heteroxeneidade, a pesares das eivas de financiación e o deficiente apoio público cos que a editorial conta e contou".
Finalmente, Ana Díaz Calvo recollerá o galardón Ás pioneiras da escaleira e do patch "pola súa actividade como unha das poucas profesionais técnicas da súa xeración, dende a empresa Tedaga e recoñecendo, por extensión, a todas as mulleres técnicas de artes escénicas do país".
A comisión que outorgou os recoñecementos estivo composta por Patricia de Lorenzo González, Cristina Domínguez Dapena, Antonio Porteiro Domínguez e Diego Vázquez Meizoso como secretario con voz, pero sen voto.