Esta semana terá lugar a segunda edición do festival Creativa de creatividade e cultura de Vigo. A GalerÃa Maraca, co-organizadora do evento xunto con Dot Galicia, actuará como anfitrioa en gran parte da programación, que tamén desenvolverase no MARCO e no espazo Évame Oroza da cidade. Entre o 19 e o 21 de abril Creativa despregará unha programación cultural aberta ao público que inclúe charlas, poesÃa, proxeccións audiovisuais, concertos, exposicións e , como novidade este ano, un mercado de ilustración, arte gráfica, deseño e autoedición no que tomarán parte máis de 30 autores e proxectos.
A programación musical contará con artistas como Zoomoavi, Fantasmage e Carme López, investigadora da música de tradición oral feminina galega, que presentará o seu disco "Quintela", un álbum de música experimental que usa a gaita como instrumento base. Polo Creativa pasarán tamén Flavita Banana e Ricardo Moya creadores do podcast 'Domingos de bajón', que gravarán ante público. Está prevista tamén a presenza de ilustradores como o alemán Yeye Wellere e a galega Nuria DÃez ; Alba Meijide, especialistas en IA; a historiadora Eugenia Tenenbaume e o colectivo grafitero Boamistura.