As películas do futuro prepáranse co Programa Rueda-Academia de Cine en Vigo

A iniciativa está destinada a apoiar proxectos de guionistas que os queiran desenvolver a distancia

Os cineastas Carla Simón (Alcarrás), Fernando León de Aranoa (Los Lunes al sol, El Patrón) e o vigués Álvaro Gago (Matria) participarán en Vigo no Programa Rueda-Academia de Cine, un proxecto da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España destinado a apoiar a guionistas profesionais ou emerxentes de cine ou televisión que "circunstancias territoriais, laborais ou de conciliación familiar, queiran desenvolver os seus proxectos de xeito telemático". Este programa impulsado pola Academia de Cine, está financiado por el ICAA a través dos fondos Next Generation EU, e chega a Vigo co apoio do concello olívico a través da tras Vigo Film Office. Entre os días 15 e 19 de abril, están programados seguimentos para os proxectos residentes, actividades formativas e sesións abertas, deseñadas para o público coa participación dos cineastas.

Gago e a directora Sonia Méndez reuniranse no Museo MARCO os días 15 e 16 cos participantes do programa para analizar os seus proxectos. O martes 16 os vinte Residentes da Academia de Cine, formadores e 12 cineastas de Vigo e arredores uniranse ao encontro para participar no resto de actividades programadas. O cineasta Fernando León de Aranoa, o día 19, participará nun coloquio aberto ao público tras da proxección de 'Los lunes al sol'. Os creadores da serie británica Industry de HBO Max, Mickey Down e Conrad Key, recalarán en Vigo para participar nunha actividade cos inscritos o 19 de abril. Completarán el programa, proxeccións no auditorio de Zona Franca de catro curtametraxes de participantes nos programas de Rueda: "Imade", de Ignacio Acconcia; "Óleo sobre viento", de Alejandro Pérez; "O niño dos paxaros", de Lucía Estévez e "O proceso teatral", de Olivia Delcán. Ademais haberá obradoiros e un percorrido pola Ría de Vigo e as súas historias co escritor Pedro Feijoo. Tamén haberá actividades para institutos nas que os máis novos poderán reflexionar sobre os estereotipos no audiovisual, así coma unha charla na ESADG con actrices que deron o salto á dirección de proxectos cinematográficos.