O mellor Festival de Pequeño tamaño da penÃnsula ibérica no ano 2023 foi o 17° Ribeira Sacra e o mellor dos celebrados nun recinto interior foi o Underfest SON Estrella Galicia, de Vigo. Ademais diso o Festival O Son do Camiño de 2023 foi recoñecido polo xurado profesional da oitava edición dos Iberian festival Awards como aquel cuxa organización dá aos artistas a mellor acollida e recepción. A gala final de entrega destes galardóns deixou un palmarés no que están presentes catro eventos galegos entre premios absolutos a nivel peninsular e aqueles que se conceden a niveis estatais. Entre este últimos volve estar o festival do Monte do Gozo, O Son do camino, polo traballo de cobertura audiovisual feito pola promotora Esmerarte nesta edición, que destaca asà entro resto de festivais españoles. Tamén a edición de 2023 de o festival SonRÃas Baixas de Bueu, acadou un galardón estatal pola súa capacidade promoción turÃstica. Ao final, dos oito festivas galegos que optaban a premio na fase de finalistas foron a metade os que consequiron algún dos dezaseis galardóns aos que optaban.