O Concello da Coruña presentaba este 12 de marzo a quinta xeira da Semana do Cinema Galego, que achegará unha selección das propostas máis recoñecidas do noso audiovisual á pantalla do Teatro Colón. O programa que organiza a cámara municipal en colaboración coa Deputación Provincial e a Academia Galega do Audiovisual conta nesta ocasión con oito producións que se poderán ver de balde e que suman 45 candidaturas aos Premios Mestre Mateo.
A Semana, que se desenvolve entre os dÃas 19 e 24 de marzo, inclúe as longametraxes de ficción Matria, O Corno, ¡Salta! e Fatum canda aos documentais Emoción, Vida e Teatro. A nave das MarÃas, A viaxe de Lucy, Chichi e máis eu e Os espazos en branco. Todas as proxeccións serán de balde e de acceso libre ata completar a capacidade do teatro.
Na presentación do programa Pepe Coira, vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, destacou que "cada unha das oito pelÃculas que conforman o programa a Semana do Cinema Galego supón unha achega distinta e complementaria das restantes: imos ver pelÃculas que son moi de xénero e pelÃculas que son moi autorais, pelÃculas que teñen unha produción moi grande e pelÃculas que teñen unha produción moito máis modesta. E todas elas conseguen -cada unha no seu xeito, cada unha dirixida ao seu público- chegar e ofrecernos unha ollada sobre quen somos, sobre quen podemos ser".
Como feche do ciclo, na Banda Municipal de Música ofertará na mañá do domingo 24 un concerto temático con versións de bandas sonoras de cinema, tamén no Teatro Colón.