A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) ven de sumarse ás entidades de todas partes do Estado que conforman a Plataforma Calíope na reclamación ante o goberno estatal e o Congreso dos Deputados de que se engada a disciplina de Escrita Creativa na Lei de Ensinanzas Artísticas durante a súa próxima tramitación no Congreso dos Deputados. Após a aprobación polo Consello de Ministros desta lei a Plataforma Calíope, que agrupa boa parte das escolas e obradoiros literarios do Estado, así como ás principais asociacións profesionais de escritoras e escritores, maniféstalle o seu apoio pero esixe que se engada a Escrita Creativa á relación de ensinanzas artísticas recollidas en dita lei, corrixindo unha ausencia actual que, ao seu xuízo a deixaría "inevitabelmente incompleta".
A Escrita Creativa, lembran desde AELG, é unha ensinanza artística con máis de 40 anos de traxectoria no Estado e plenamente implantada como disciplina oficial na gran maioría dos estados da contorna, tanto a nivel europeo como en Latinoamérica. A súa incorporación á Lei de Ensinanzas Artísticas non só é necesaria para asegurar que a formación das escritoras e escritores teña o mesmo nivel e oportunidades que a dos demais artistas, senón tamén para permitir que as escolas e obradoiros literarios, así como o profesorado que desenvolven a súa actividade nos mesmos, poidan ver recoñecidos o seu coñecemento e a experiencia acumulados. Desde AELG como parte da Plataforma Calíope solicitan o apoio á súa reclamación de emenda da lei por parte de todos os grupos políticos e parlamentarios, así como da sociedade en xeral e das escritoras e escritores e demais actores do sector do libro.