Hai cincuenta anos diferentes grupos nas cidades galegas e actores emigrados comezaron a desenvolver unha disciplina de aquela case desaparecida das artes galegas: o teatro. Teceron redes, construÃron compañÃas e entidades, ensaiaron proxectos, discutiron ao redor do que significaba ser un profesional das artes escénicos. Algunhas iniciativas fracasaron, outras morreron co tempo, e outras chegaron, dun xeito ou doutro ata hoxe. O Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, recuperou a súa historia, gravando a case trinta protagonistas desa época. O proxecto contempla dúas fases: unha serie documental divulgativa e un conxunto de entrevistas de longa duración, que ocupan unhas 60 horas de audio, recollendo a memoria dos protagonistas do perÃodo. "Debemos deixar unha memoria para as novas xeracións", explicou na presentación da serie documental 'Memoria do teatro galego na Transición" Eduardo Alonso, presidente da Academia Galega do Teatro, "algúns dos nosos asociados dicÃan que xa non querÃan falar, pero insistimos no importante que era". O documental, dirixido por Tito Asorey e editado por Jairo Iglesias, xa está dispoñible nos seus primeiros capÃtulos. O primeiro recolle o percorrido do teatro independente á profesionalización. O segundo fala ao redor do gran evento que reuniu e agrupou todas aquelas inquedanzas: a Mostra de teatro Abrente, devanceira da actual Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Os dous xa están dispoñibles no web do Consello da Cultura Galega e nesta mesma noticia. En 2024 o proxecto publicará outros dous episodios, centrados na institucionalización do teatro e do papel da muller no teatro galego.
Episodio 1: Do teatro independente á profesionalización
Episodio 2: A mostra Abrente
Episodio 1: Do teatro independente á profesionalización
Episodio 2: A mostra Abrente