O festival lucense A Candeloria é o máis temperán destes eventos no calendario anual e con el dá comezo á temporada de festivais de Galicia, este ano celebrando o seu décimo aniversario, os dÃas 1 e 2 de marzo no Pazo de Ferias e Congresos. Tras el virán citas como a Festa Do Queixo, o FIV de Vilalba, Fa Ce La Fest e o Esmorga Fest, antes de entrar xa no que é a vertixe de festivais de verán, que este ano xa asoman a primeiro de xuño. A Candeloria que naceu en 2014 coa vontade de traer a Lugo unha programación musical de rock, rap, punk ou ska de primeiro nivel ven de anunciar os horarios dos concertos nos que ofrecerá máis dunha ducia de actuacións de grupos. Nesta edición, A Candeloria trae dúas noites de música e unha sesión vermú de Cantos de Taberna.
Un dos pratos fortes da edición e a despedida do grupo valenciano ZOO, que tocará o dÃa 1 de marzo ás 22:55. O seu paso por A Candeloria será a única parada en Galicia desta banda nacida xusto fai dez anos, no 2014. Completan o cartel do venres 1 de marzo Rebeliom do Inframundo, os galegos Familia Caamagno, Pigs Parlament, o grupo de rap Ira. O grupo Los Chikos del MaÃz, vellos coñecidos do festival, que anunciaron recentemente unha "tregua indefinida" dende o próximo ano, pasarán polo palco o sábado ás 23:30. O cartel ofrecerá tamén ese dÃa o espectáculo dos tamén valencianos Mafalda. O sábado 2 de marzo completan o cartel Soziedad Alcoholika, a banda de ska punk italiana Talco, o dúo feminino Tribade e Arrhythmia. Tamén pasarán pola festa Me Fritos and The Gimme Cheetos e La Duendeneta animará entre actuacións.