Unha adaptación gráfica da novela A nosa cinza de Xabier Alcalá. Esta é a proposta que fai Manel Cráneo en Cinza, un ambicioso proxecto que acaba de ver a luz da man de Demo Editorial. O volume, de 136 páxinas a branco e negro, recrea graficamente o Ferrol de finais dos anos 40 a través dos ollos da crianza que protagoniza a historia.
A librarÃa Metrópolis de Ferrol acolle este 15 de decembro a presentación da obra. O autor visitará tamén Kómic, en Santiago de Compostela, o dÃa 16.
En Antela Editorial MarÃa Brenn presenta Ula e Vinca. Esta historia para público infantil amosa a relación entre a bruxa Ula e Vinca, unha cativa con poderes que aparece na súa casa e de quen ignora a orixe. O volume, a toda cor, conta con edicións en galego e en castelán.
A editorial Rodolfo e Priscila, pola súa banda, debuta no ámbito da BD con Fago o que podo. Afra Torrado asina esta obra de 116 páxinas na que compila cómics e debuxos que publicou nas súas redes sociais entre 2018 e 2023. Segundo a autora, o libro "fala sobre o que penso e sinto, sobe buscar traballo (algo), sobre o amor (bastante) e sobre a miña loita contra a sÃndrome da impostora. O que conto nestas páxinas, por tanto, é (basicamente) que ás veces estou triste e non me gusta traballar".