Nos últimos anos vemos a miúdo a noticia da apertura de novos museos etnográficos. Concellos, parroquias, asociacións ou simples particulares fan por crear un centro desde o que conservar e difundir o patrimonio, en moitas ocasións con fins fundamentalmente turÃsticos. A difÃcil conxunción entre estes intereses e os problemas que supón a atomización de iniciativas sobre o patrimonio foron os temas que centraron durante os últimos quince dÃas os II Obradoiros Abertos de AntropoloxÃa que se celebraron en Compostela.
A Asociación Galega de AntropoloxÃa (Agantro) naceu hai xa dez anos para promover actividades de investigación e intercambio de información entre os interesados por esta ciencia ademais de crear un espacio de comunicación entre a antropoloxÃa e diferentes eidos da sociedade. O ano pasado nacÃan os Obradoiros Abertos de AntropoloxÃa, coa intención de “relacionar as contribución da disciplina antropolóxica ás demandas que neste momento se están a producir en diversas institucións galegas”, segundo sinala a coordinadora deste evento, Fátima Braña. Estes obradoiros reúnen un grupo de trinta interesados que debaten arredor dun tema concreto. Mesas redondas e conferencias mestúranse coa participación a través da rede para extraer, logo de quince dÃas de traballo unha serie de conclusións que se publican posteriormente. Na primeira edición, o pasado ano, tratouse a cultura relixiosa e creáronse materiais didácticos para impartir esta materia en Ensino Medio. Desta volta, a atención dos antropólogos do paÃs virou cara aos problemas que sofre o patrimonio cultural na súa dobre vertente de elemento de identidade e de sector económico, asà como coara ás relacións entre conservación e difusión e o papel dos museos na sociedade.
Aclaracións
Entre as causas que levaron a asociación a organizar o congreso apúntase a actual tendencia á “atomización e precarización do panorama da xestión patrimonial”, asà como a uniformización nos ámbitos administrativos. Segundo a Agantro na actualidade a función social dos museos e o seu papel como centros activos non está clara, e existen moitos casos en que estas entidades funcionan unicamente como lugares en que se amorea un material ao que non se lle dá ningunha aplicación. Neste sentido, os participantes nos obradoiros consideran que cómpre unha visión máis ampla da xestión de patrimonio, que permita unha orientación máis axeitada dos museos e das coleccións dedicadas á etnoloxÃa. Segundo a propia Fátima Braña “cómpre ver ata qué punto estes centros chegan á sociedade e ver as necesidades reais desta sociedade”.
Mudanzas necesarias
Entre as cuestións pendentes os participantes sinalaron a precariedade en que se desenvolven as iniciativas locais neste sentido e a necesidade de establecer vÃas de formación para o xestores de patrimonio e conseguir unha profesionalización do sector que redunde en novas formas de abordar este ben. “Cada vez hai máis iniciativas, pequenos museos”, sinala Fátima, “debemos buscar con imaxinación novas formas de actuación e novos empregos de patrimonio”. Segundo ela mesma apuntaba nos foros do encontro, é moi difÃcil saber cantos centros de tipo etnográfico existen actualmente en Galicia ao ter que contar iniciativas municipais, locais e mesmo coleccións privadas que poden visitar.
Neste sentido, e ao abeiro da intervención de Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, avanzouse a necesidade de organizar un traballo en rede entre diferentes centros etnográficos locais para evitar a atomización das iniciativas. Isto implica unha maior organización interna dos diferentes centros para que a colaboración poida ser fluÃda, un traballo que non é directamente expositivo pero que permite melloras importantes na difusión do patrimonio. Nun sentido semellante interveu Rosario Quintana, axente de desenvolvemento local de Vilar de Santos, que sinalou a necesidade de buscar varias fontes de financiamento para que estes centros funcionen. A cuestión do financiamento motivou un debate sobre a función da administración á hora de apoiar os museos e a necesidade de conseguir a máxima independencia económica de cada centro.
O patrimonio e o futuro
O concepto do patrimonio coma un proceso non rematado que muda segundo o sentido que se lle dea e a interpretación que se faga del foi outra das cuestións que se analizou nos obradoiros. Os foros destes continúan abertos de cara a perfilar aÃnda máis algunhas destas cuestións, para o final do ano publicarase todo o material do congreso nun volume. De cara ao vindeiro ano aÃnda non hai decidido un tema para os obradoiros. Segundo Fátima, “os socios de Agantro fan propostas para esta actividade e o xeito en que se poden abordar os temas”. Entre as posibilidades para a vindeira edición están as ideas de tratar o urbanismo ou a marxinación social, sempre buscando o contacto entre a AntropoloxÃa e a sociedade.