O Consello da Cultura Galega ven de publicar a sétima conxuntura estatística do sector cultural, documento de traballo do seu Observatorio da Cultura Galega que xa está dispoñible no sitio web da institución. Os datos recollidos nesta conxuntura ofrecen un panorama de mellora de varios indicadores pero de prudencia respecto a outros na evolución do sector desde 2019 ata este ano. Así o menciona este documento nas súas conclusións cando establece que "o conxunto de indicadores manexados no presente documento dan conta dunha situación claramente positiva para o ámbito da cultura, pero con algún datos que poderían estar anunciando un cambio de tendencia". En consonancia con outros informes, esta Conxuntura sinala como a economía da cultura está a mellorar en termos de emprego, creación de empresas e oferta cultural, co crecemento dos orzamentos públicos destinados a cultura como motor, mentres que a demanda, asistencia a espectáculos e o gasto por fogar semella que está "moi lonxe de recuperarse", sinala o documento, que considera importante "seguir esta tendencia no futuro, tanto para ver se afecta ao emprego e á actividade como para avaliar se ten carácter conxuntural ou estrutural" .
En liñas xerais, segundo presenta ese documento de traballo, a situación do sector cultural respecto ao 2020 acadou unha tendencia positiva, no emprego, na exportación e no consumo cultural, hai indicadores que amosan unha moderación das caídas previas e unha certa recuperación, pero tamén hai indicadores que amosan debilidades sobre as que se precisa atención. Entre os positivos están os datos de emprego no sector, que segundo e explotación dos datos da EPA no terceiro trimestre de 2023 hai un total de 36.600 persoas que traballan no ámbito cultural, 300 máis ca no primeiro trimestre dese mesmo ano e 600 máis ca no mesmo período de 2022. Nesa mesma liña está a creación de empresas, que aparece recollida de datos do BORME, indicando que entre o mes de novembro de 2022 e outubro de 2023 creáronse en Galicia 140 empresas culturais, 31 máis que nos doce meses anteriores, o que supón un incremento por riba do 28%. Este aumento, sinala o informe, é moi superior ao experimentado polo conxunto empresarial galego que medrou un 7%. As actividades empresariais con maior crecemento segundo este documento foron a publicidade, a creación cinematografía, as actividades de creación artísticas e de espectáculos e, en menor medida, a edición e as actividades relacionadas co audiovisual.
A distribución de incrementos entre exportación e importación de produtos culturais foi irregular neste período, aumentando significativamente respecto a datos anteriores e capacidade do sector cultural galego para exportar os seus produtos. Así, o informe recolle que entre 2018 e 2022 incrementáronse un 80,8% as exportacións e un 33,1% as importacións nas principais actividades culturais de Galicia, cun gran peso das actividades de edición, que absorben un 87% do total das exportacións. Resulta salientable o incremento das exportación dende 2020 e especialmente en 2022, cun incremento do 38% con respecto ao ano anterior. Esta suba débese principalmente á actividade editorial, ás actividades audiovisuais e ás de creación, artísticas e de espectáculos, segundo sinala esta Conxuntura.
Menos gasto en cultura fóra da casa
A porcentaxe do gasto en materia cultural respecto ao gasto total dos fogares, tras a subida de 2020 (1,48%) , baixa nos dous últimos anos ata colocarse nun 1,28% en 2022, sinala este documento do Observatorio da Cultura Galega. A evolución do gasto dos fogares en servizos culturais sufriu unha seria baixada en 2020 e 2021, os anos máis restritivos da pandemia, pero no ano 2022 experimentou un crecemento de case un 94% con respecto a 2021 para situarse en 96,6 millóns de euros como segundo concepto de maior gasto, despois dos libros, sinala o informe. Para o Observatorio este pulo podería estar relacionado coas subscricións a canles de pago e plataformas dixitais, de feito, sinalan nese sentido ao dato de que en novembro de 2023, un 77,6% dos fogares españois teñen acceso a contidos de pago de televisión.
En concordancia con outros informes do sector e tomando como fonte o máis recente Anuario da SGAE 2023, este documento de Conxuntura presenta os datos de lenta recuperacións das artes escénicas e os espectáculos públicos en canto a oferta, recadación e asistentes, datos aínda baixos respecto a 2018 e á situación Pre-Covid19 que xa se sinalaban nese Anuario. Pese a unha certa normalización no volume da oferta, a demanda parece que está moi lonxe de recuperarse segundo amosa o informe, con descensos no número de espectadores con respecto a antes da pandemia do 60% no teatro, preto do 50% na danza e na música clásica, do 40% no cine e do 13% na música popular. Como exemplo do impacto desta situación sirvan os datos que amosan que en 2022, Galicia recadou 884.080 euros nos concertos de música clásica, unha contía afastada dos case 1,4 millóns de euros que se recolleran en 2018. A situación foi similar no conxunto estatal que experimentou unha perda de case 14 millóns de euros (unha redución dun 31,7%),, explica o informe. Tamén as cifras relativas ao cine van nese mesmo sentido, segundo se recolle que entre 2018 e 2022 deixaron de ir ao cine 1,4 millóns de espectadores en Galicia e 39,8 millóns no total de España, o que implica unha mingua de preto dun 36% e dun 40% respectivamente, o que repercute directamente nas cifras de recadación.
O gasto público aumentou para responder á situación
"Os orzamentos das administracións públicas impulsan á alza a actividade, xa que os incrementos son importantes en 2023", asegura este documento. Con especial atención ás entidades locais, concellos, deputacións e outras entidades, a Conxuntura amosa que entre 2019 e 2023, as entidades locais aumentaron os orzamentos en cultura en máis de 41 millóns de euros, un 21,6%. No último ano, segundo o documento, o orzamento destas superou en máis de 24 millóns de euros ao do ano 2022 (11,6%). A porcentaxe do gasto en actividades culturais con respecto ao gasto total sitúase nun 7,5% en 2023, o índice máis elevado da serie para estas entidades, das que destacan os propios concellos como os que máis achegan neste esforzo. Tamén deixa ver o informe que o gasto en cultura dos concellos varía en función da provincia á que pertencen, amosando nos datos que os municipios da Coruña e Pontevedra son os que realizan un maior desembolso tanto na contía como na porcentaxe sobre o total destinada ao ámbito cultural, un 7,9% e un 6,9% (máis de 91,5 e 54,7 millóns de euros, respectivamente). Mentres que os concellos ourensáns son os que menos invisten en cultura: 10,4 millóns de euros, cifra que supón o 3,8% do gasto total, seguidos a certa distancia polos lugueses que case dobran a cantidade con algo máis de 20,8 millóns de euros de gasto, un 5,9% do total.
No relativo ao esforzo económico realizado desde o goberno autonómico para responder á situación do sector neste período, o documento de Conxuntura dá conta de que os orzamentos da Xunta de Galicia destinados a cultura e normalización lingüística experimentaron un ascenso dun 44%, case o dobre da suba do orzamento total da Administración autonómica (22,7%). O informe sinal ao ano 2021 como o de maior aumento orzamentario neste sentido do quinquenio estudado en materia de cultura e lingua, 20,8 millóns de euros máis que en 2020 (16,2 e 4,5 millóns respectivamente). En 2023 o incremento levado a cabo desde a Xunta é o do 11,6%. Con respecto ao total dos orzamentos da Xunta de Galicia a porcentaxe destinada a cultura, aumentou unha décima entre 2019 e 2020 (0,7%) e entre 2021 e 2023 (0,8%).