A RAG publica na rede o discurso de ingreso de Lugrís no Seminario de Estudos Galegos

O manuscrito do escritor pode lerse no repositorio Galiciana

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Primeira páxina do discurso de Lugrís. Fonte: RAG

Primeira páxina do discurso de Lugrís. Fonte: RAG

O 20 de novembro de 1923 o escritor Manuel Lugrís Freire lía o seu discurso de ingreso no Seminario de Estudos Galegos. A conmemorar este centenario, a Real Academia Galega publicou no repositorio Galiciana o manuscrito daquela intervención. O escritor e xornalista dedicáralle o texto a Eduardo Pondal, a que cualificou como "o bardo grorioso".

Segundo explica a RAG, o poeta protagoniza a maior parte do discurso de Lugrís, quen lle dedica louvanzas como que "tiña a beleza dos homes fortes, dos homes superiores, das xentes de Bergantiños, que endexamais conosceran a servidume, nos tempos protoplásmicos da nosa historia".

Canda a isto, o autor destaca no seu texto o compromiso de Pondal na defensa doutros nomes da nosa literatura. "Censurar a Curros era censuralo a el; denominar a Rosalía musa chorona inclinábao de mal xeito porque sentíase ferido no propio espíritu. E cando se facía unha crítica despectiva das letras galegas, era el o que se sentía censurado e aldraxado", aseguraba o escritor.

O texto completo do discurso fora xa publicado pola RAG en 1935 nun volume que recollía diferentes poemas de Pondal e que tamén se pode consultar no web da Academia.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Seminario de Estudos Galegos, Galiciana, Manuel Lugrís Freire, Eduardo Pondal...