O poeta noiés Manuel López RodrÃguez obtén coa súa obra "As palabras do sur" o XXXVI Premio de PoesÃa Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro. O xurado do certame decidiu, de forma unánime, concederlle o galardón "pola consistencia do proxecto presentado, tanto a nivel estrutural como polo que respecta a cada poema en particular, asà como unha complexidade que dá pé a varios niveis de lectura", segundo afirman no seu comunicado. O acto oficial de entrega do certame dotado con 2.500 euros terá lugar o vindeiro, 9 de decembro, no CPI de Dodro. "As palabras do sur" de Manuel López RodrÃguez será publicada no ano 2024, nunha editorial de recoñecido prestixioManuel López RodrÃguez foi cofundador do "Colectivo Literario Sacou", da Asociación Cultural Éteatro e da Asociación Audiovisual Paradiso. Ao longo da súa traxectoria literaria recibiu, entre outros, os seguintes galardóns: XIV Premio de poesÃa Suso Vaamonde, Premio López Ardeiro de PoesÃa (2019), II Premio de PoesÃa Eduardo Pondal, Premio de poesÃa Concello de Carral (2020), Premio de poesÃa Avelina Valladares (2021, 2022 e 2023), XXVI Certame de PoesÃa Francisco Añón e o XXVI Premio Johan Carballeira de PoesÃa. Esta edición do premio estivo coordinado pola poeta Elvira Ribeiro e formaron parte do xurado as escritoras Chus Nogueira, Lorena Souto e Brenda Mondelo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, Francisco Xabier Castro TourÃs e Ramón AbuÃn Gómez.