No marco da reunión do consello de dirección do proxecto de megalitismo do Parque Arqueolóxico da Costa da Morte, do que forma parte a Deputación da Coruña xunto con 11 concellos, o deputado de Contratación, Patrimonio, e Equipamentos do entre provincial, Xosé Penas, avanzou un orzamento inicial de 200.000 euros para as distintas actuacións a tomar. Ademais, puxo de manifesto o compromiso da Deputación para o incremento deste orzamento conforme se vaian acordando as diferentes fases do proxecto.
O consello de dirección tamén decidiu a posta en marcha dunhas xornadas de divulgación e promoción do Parque do Megalitismo, que abarcarán non só aspectos turÃsticos, senón tamén técnicos e cientÃficos, como próximos pasos para dar a coñecer o proxecto. Outras das actividades para poñer a disposición da sociedade toda a información e recursos, serán a publicación dunha web especÃfica do Parque do Megalitismo, e a edición de dÃpticos nos que se detallen os diferentes monumentos existentes e a súa localización. O obxectivo é visibilizar, divulgar e promocionar a cultura megalÃtica da Costa da Morte, que conta con máis de 300 mámoas, dolmens e outras construcións funerarias, representativas da nova Idade da Pedra en Galicia.
O proxecto deste parque inÃciase co século XXI e desde 2005 estivo creando expectativas de posta en marcha e frustrándose unha vez tras outra durante case dúas décadas ata este impulso final dado en 2021. Actualmente, ademais da Deputación forman parte do proxecto os concellos de de Cabana de Bergantiños, Carballo, A Laracha, Laxe, DumbrÃa, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo, Zas e Coristanco.