A Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e A Casa do Libro en Vigo acollen os dÃas 20 e 21 de outubro os actos do XX Encontro Galego de Ilustración. A asociación de profesionais deste sector celebra por vez primeira na Cidade OlÃvica esta actividade anual xa que "ademais de servir como punto de encontro entre xs socixs de AGPI, queremos tamén contactar con nova xente e dar a coñecer a nosa asociación".
No programa, e a conmemorar o seu vinte aniversario, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración fará un percorrido pola súa historia da man da súa presidente Laura Romero. Ademais homenaxeará os seus socios de honra cunha palestra a cargo de José Luis Carreira, que falará da súa traxectoria como docente de ilustración.
Na primeira das xornadas compartirá as súas experiencias neste campo o salmantino Tomás Hijo, autor do cartel desta xeira. Unha mesa redonda sobre mulleres na arte urbana reunirá nomes destacados neste ámbito como son Lula Goce, Xoana Almar e Diana Rodeiro (Nana), moderadas por Eva Agra.