“¿É do paÃs?” A pregunta escóitase habitualmente nas tendas de alimentación de Galicia. Os productos do paÃs son tidos desde sempre coma garantÃa de calidade. Sen embargo hai xa tempo que a producción e a distribución industrial de alimentos provocou que a miúdo a resposta sexa negativa. Sen embargo, desde hai uns anos, existen iniciativas que queren traer de volta os productos do paÃs ás nosas casas a través da agricultura ecolóxica. Adella é unha desas iniciativas, unha distribuidora que desde hai un mes e medio leva alimentos ecolóxicos aos fogares da Coruña e de Ferrol.
Hai poucos dÃas saltaba de novo ás portadas dos medios de comunicación unha vella polémica. As excesivas marxes de beneficio que tiran os intermediarios en froitas, verduras e outros productos alimentarios provocan que estes cheguen ao consumidor cun custe moi superior ao que deberÃan ter realmente. Se a isto engadimos as alarmas que saltan constantemente avisando dos problemas que poden supor para a nosa saúde o emprego de productos quÃmicos e de variedades tranxénicas na nosa agricultura, xa temos dous dos grandes eixes para entender o por que da agricultura ecolóxica. A estes súmase o intento de protexer o medio de elementos nocivos coma os fertilizantes e os pesticidas e de garantir a supervivencia de variedades locais ou rexionais de cultivos xa adaptados ao seu contorno. A maiores, cuestións coma o crear emprego a nivel local e fixar poboación no contorno rural ou evitar o gasto e os problemas que supón o transporte a longas distancias son outras vantaxes que ten este tipo de agricultura segundo os seus defensores.
Ter bo dente
Todo empezou pola inquedanza dun grupo de xente por comer ben e sano. Documentación, parolas, visitas a explotacións, facer amigos, máis documentación... Pouco a pouco os promotores de Adella foron vendo as vantaxes que ofrecÃa a agricultura ecolóxica e as eivas que tiña este campo no noso paÃs. Unha producción escasa, con multitude de explotacións que non podÃan facer circular os seus productos máis que a pequena escala, e polo mesmo, lles era imposible competir en igualdade de prezo con productos convencionais. Pensando nas posibilidades de optimizar o traballo dos pequenos productores sen traizoar os principios da agricultura ecolóxica de evitar intermediarios, comezaron a darlle corpo á idea de crear unha rede única de distribución que permitise difundir este tipo de productos beneficiando tanto a productores coma a consumidores. “Vimos que o único xeito de que os productos ecolóxicos fosen competitivos era que o distribuidor non levase marxe de beneficio” explica Xan MartÃnez, un dos promotores do proxecto. Durante o último ano e medio foise completando o proxecto establecendo unha rede de consumidores interesados en adquirir productos ecolóxicos e contactando con productores que puidesen satisfacer esa demanda.
Reparto
Na actualidade Adella pon en contacto tres explotacións de agricultura ecolóxica da zona de Ferrol e da Coruña cunhas trinta familias de consumidores que poden facer os seus pedidos unha vez á semana e recibilos na súa casa ou recollelos no local da asociación. Desde que se puxo en marcha o proxecto, hai arredor dun mes e medio, as incorporacións de consumidores son constantes. Actualmente a asociación conta con arredor de cento vinte socios, aÃnda que non todos encargan regularmente este tipo de productos. Coa intención de cubrir os custes de distribución (teléfono, transporte...) a asociación cobra un fixo por entrega, advertindo que compensa para pedidos superiores a quince euros e que é máis rendible cando os consumidores se agrupan para solicitar. A pesar disto, o prezo ao que os compradores atopan os productos ecolóxicos é o mesmo que pagan polos alimentos convencionais.
O intre axeitado
Adella non é o primeiro intento de establecer unha plataforma de distribución para a a agricultura ecolóxica galega. “Antes tentouse varias veces pero quizais non fose o mellor momento”, apunta Xan. “Agora despois das vacas tolas, dos problemas ambientais e alimentarios e mesmo do Prestige, a xente está moi sensibilizada. Hai tres ou catro anos non funcionarÃa un sistema coma este”. Esta sensibilización estase a ver non só pola banda dos consumidores. Desde Adella están a traballar con antigos cultivadores de productos ecolóxicos que deixaran esta modalidade por non lle ver saÃda comercial. “Chama a atención a cantidade de xente que estivo relacionada con este tipo de proxectos e que agora están fóra”, recoñece Xan. “O noso agro pode facer unha producción de moita calidade., pero non pode competir ao mesmo nivel que o se trae de Castela ou doutros lugares, as canles de distribución non están adaptadas ao noso xeito tradicional de producción”, apuntan desde Adella. “O que tentamos é crear un sistema de distribución axeitado á nosa realidade”. Neste sentido aseguran que a aplicación de novas tecnoloxÃas é fundamental para que un proxecto coma este sexa viable.
Probas e futuro
Polo momento o proxecto atópase en fase de proba durante tres meses, e os seus responsables aseguran que está a ter unha resposta estupenda, incrementándose cada semana o número de persoas que se interesan pola agricultura ecolóxica. Sen embargo desde Adella advirten que a estacionalidade dos cultivos afectará á actividade da asociación que está a buscar para o inverno novos productores e novos productos, dado que as hortas, os principais subministradores, diminúen a súa producción durante este tempo. Será entón a partir do vindeiro mes de marzo cando o colectivo comece a súa expansión xeográfica e comercial. As expectativas son boas, segundo os promotores do proxecto “a xente cando proba o producto algunha vez xa non o deixa. A diferencia de calidade é brutal”.
Difundir
Actividades de promoción entre os consumidores das cidades e xuntanzas con productores que abandonaran a agricultura ecolóxica están a sumar forzas a prol deste xeito alternativo de alimentación en toda a zona de Ferrol e da Coruña. Na busca de evitar intermediarios, Adella está a organizar visitas dos seus consumidores ás explotacións ecolóxicas para que coñezan directamente aos productores. Xan teno claro, “aquà hai un grande camiño aÃnda por percorrer”. Novas actividades para dar a coñecer esta iniciativa poranse en marcha en breve. Polo de agora un primeiro paso está xa dado.