Este 12 de outubro, a coincidir co DÃa da Hispanidade, a compañÃa ButacaZero estrea no Teatro Valle Inclán de Madrid Iribarne. Esta produción retrata a figura de Manuel Fraga con texto de Esther F. Carrodeguas e dirección de Xavier Castiñeiras nunha montaxe que se prolonga durante tres horas.
Xurxo Cortázar, Jorge de Arcos, Esther F. Carrodeguas, Mónica GarcÃa, Anxo Outumuro e Lidia Veiga porán sobre escena este proxecto, que, segundo aclara a compañÃa "NON é un biopic sobre Manuel Fraga. TerÃanos encantado facelo... pero non collÃa nunha soa obra!". Para ButacaZero Iribarne propón "unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquà da man dun polÃtico que, nas súas propias palabras, dicÃa as verdades sen condón".
A obra preséntase como unha "radiografÃa en clave de humor" da figura protagonista e "do seu papel na recente historia de España". A proposta vertébrase en tres episodios que reflicten a evolución polÃtica do Estado desde o Franquismo, a Transición e a Democracia para culminar co perÃodo de hexemonÃa de Fraga en Galicia. Iconas como Salomé, Massiel ou Serrat, e momentos históricos como Palomares, os asasinatos de ETA ou a morte de Franco atópanse sobre as táboas no que a Carrodeguas define como "o traballo máis difÃcil que escribÃn ata o de agora", e que o director reivindica como "unha peza extremadamente divertida, moi tola, moi teatral de ver". Berto correu coa trilla sonora da obra, que será editada por Subterfuge Records.
O proxecto, que se manterá un mes no escenario madrileño, é unha coprodución do Centro Dramático Nacional, ButacaZero e a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais. Esther F. Carrodeguas desenvolveu o texto no marco do programa Cruces de Camiño Escena Norte, da Residencia Mariñán e da Residencia de escritura da Sala Beckett 2023.