Un traballo identifica institucións comunais de xestión do territorio no século XII

Sputnik Labrego publica un estudo sobre as parroquias de Casaio e Lardeira (Carballeda de Valdeorras)

Sputnik Labrego publica un estudo sobre as parroquias de Casaio e Lardeira (Carballeda de Valdeorras)
Ermida de San Vítor e despoboado de Camporredondo
Os montes comunais son unha característica central da xestión da terra rural galega. Un recente estudo dos investigadores lara Barros, Carlos Tejerizo e Gonzalo J. Escudero publicado recentemente na revista especializada Historia agraria sobre a xestión das terras comunais das parroquias de Casaio e Lardeira (Carballeda de Valdeorras) identificou a existencia de "institucións locais con competencias na xestión do territorio" que serían de carácter comunal xa no século XII. En concreto, identificaron na documentación dunha doazón de terras ao mosteiro de San Pedro de Montes, confirmada polo 2concilio de Casoyo et de Casayo". Para os investigadores, este tipo de institucións comunais "poden remontarse, polo menos, aos séculos IX ou X, se ben poderían ser anteriores".