
O fallo destaca "a tenrura, a potencia das metáforas e a creación de atmosferas que evocan distintas sensación e emocións" da obra gañadora. Salienta tamén "a certeira representación da dificultade que supón, nesta historia, o amor entre dúas mulleres, fóra das normas establecidas, asà como a reivindicación do dereito a vivir o amor en liberdade".
O xurado, que estivo composto Cristina Barreiro, Miguel Calvo Marques e Sara Vila, salientou tamén a calidade da novela para público adulto presentada co tÃtulo Os tres nomes da Sartegua e a obra xuvenil A campá dos TararÃns, das que recomendou a publiación.
En total presentáronse a esta edición do certame, aberto a diferentes xéneros literarios, un total de 23 obras, das que sete pertencÃan á categorÃa de literatura infantil e xuvenil, cinco foron novelas para público adulto, dúas obras de teatro e as outras nove, poemarios para público adulto.