A celebración o 26 de setembro do Día Europeo das Linguas tivo este ano un especial sabor galego en Madrid. A sede do Instituto Cervantes na capital española contou coa presenza de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, que depositou na institución a Caixa das Letras dedicada a Rosalía de Castro este luns 25.
A caixa, que recolle material vencellado á personalidade que a protagoniza, incorporou da man da responsable do CCG exemplares de Cantares Gallegos e de Follas Novas. Canda a isto, acolleu un exemplar, láminas e un vídeo do proxecto O herbario de Rosalía. Un disco de Amancio Prada a interpretar temas da poeta e outro cos poemas galegos de Lorca, ensaios sobre a autora e un libro-CD publicado polo Consello no que nove poetas galegas contemporáneas dialogan coa autora incorporáronse tamén a este depósito. Canda a isto, un moníptico cedido que permite localizar a estrela Rosaliadecastro, unha camiseta coa imaxe da autora e unha chapa coa rosa de cen follas completan este legado.
No acto, Álvarez destacou que entregou o legado rosaliano "en nome de todo o noso sistema cultural e, en definitiva, do pobo galego" que oscila "entre a propia voz da poeta e a vixencia do seu legado inmorredoiro". Segundo ela, este depósito simboliza "a nosa lingua e a nosa cultura, representadas aquí pola figura galega máis universal, reverenciada por todos e todas, sempre admirada e nunca cuestionada, orgullo dun pobo enteiro desde todos os lugares que habitamos os galegos, navegantes de todos os mares e cidadáns de todos os continentes".
O Instituto Cervantes continúa este 26 de setembro a celebración do Día Europeo das Linguas coa velada A palabra na música, que integra música e poesía. Eduard Escoffet, Pilar Adón, Leire Bilbao e Manuel Rivas ocuparanse do recital mentres que a parte musical estará a cargo dos artistas Sheila Blanco, Renaldo & Clara, Izaro e Xoel López.
A celebración da efeméride en Madrid incluíu tamén a edición do Grito hacia Roma, de Federico García Lorca, con versións en galego, alemán, búlgaro, catalán, checo, croata, danés, eslovaco, esloveno, estonio, éuscaro, finés, francés, grego, húngaro, inglés, irlandés, italiano, letón, lituano, maltés, holandés, polaco, portugués, romanés e sueco.