Un total de 24 paradas, repartidas en dúas liñas compoñen o Mapa Literario de Carballo. O Concello inauguraba este venres 22 de setembro unha ruta cultural que homenaxea "os nomes dos escritores e escritoras, xornalistas, debuxantes, urbanistas, historiadores, mestres e contadores para os que Carballo foi escenario, cando non verdadeiro protagonista, das súas historias".
Cada unha das paradas destas rutas inclúen un panel co percorrido, o fragmento ao que fai alusión a parada, o nome do autor ou autora correspondente e un código QR que enlaza co web do proxecto.
Segundo explica a presentación desta iniciativa "neste paseo podemos acompañar o Xestal a mercar unha rateira á de Pedrouzo; levar, coma o padriño de Manuel Rivas, o souvenir dun pan que un neno non é quen de abranguer cos brazos; lembrar como derrubaron a igrexa onde fixo a primeira comuñón o Pardiñas de Plus Ultra. Transición ao futuro, o cómic de Alberto Varela Ferreiro; sentir, como sentiu Xurxo Borrazás, o recendo do obradoiro de Chocolates Mariño; sentarnos a carón de Alfredo Brañas; ir con Xan Fraga á Coruña no segundo piso dun BUT londiniense e axexar as fregas amorosas dunha parella".
O web da proposta achega información sobre todos os nomes recollidos nos itinerarios canda aos textos vencellados a cada lugar. Ademais, permite comprobar as localizacións da vila que cada autor reflicte nas súas obras. Nesta listaxe destaca Xurxo Borrazás, con 18 localizacións recollidas, seguido das 17 de Farruco Graña. Henrique Mariño, Xan M. Fraga, Xurxo Chapela ou Xosé Antonio Andrade Figueiras, son outros dos nomes cunha maior presenza de Carballo nos seus escritos segundo o web do proxecto.
Un percorrido guiado pola ruta 1 desta iniciativa abrÃa este venres 22 o proxecto. A segunda ruta está, segundo o concello, en proceso de sinalización.