O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acollÃa este 19 de setembro a presentación dos resultados da primeira fase de Sensoxenoma. Esta investigación do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) amosou que a música ten efectos positivos na expresión de xenes que afectan a doenzas dexenerativas como o alzhéimer.
O estudo que lideran Antonio Salas e Federico Martinón realizou en 2022 un experimento consistente en tirar mostras xenéticas do público antes e despois dun concerto da Real FilharmonÃa de Galicia, e comprobar os niveis de expresión de determinados xenes logo da exposición á música.
A partir das 35.000 mostras analizadas, o equipo comprobou que o recital afectou a rutas moleculares vencelladas á acumulación de proteÃna beta amiloide, que se relaciona con diferentes enfermidades dexenerativas.
Ademais, verificaron que o impacto da música nestes niveis foi superior en persoas que padecen alzhéimer do que naquelas que se consideran sás. Segundo anunciou o equipo "podemos afirmar que é a primeira vez na historia na que se demostra cientificamente o efecto da música na expresión xenética de persoas con demencia".
O proxecto continúa este ano con dous novos recitais da FilharmonÃa de Galicia, dirixida por Baldur Brönimann, que guiará un programa sorpresa de dúas partes de 35 minutos cada unha. Deste xeito, o dÃa 29 celebrarase un concerto dirixido a asociacións de pacientes con doenzas especÃficas do tipo estudado. Con posterioridade, o dÃa 30, un recital aberto ao público colleitará novas mostras de sangue e saliva para continuar a investigación. As entradas poden adquirirse a un prezo de tres euros.