A Casa Museo Casares Quiroga da Coruña acolle desde este xoves a exposición fotográfica "A invasión galega da Movida Madrileña nos ollos de Marivi Ibarrola". Esta exposición, encadrada na sexta edición do Ciclo Metropolitano Elas Son Artistas, e en colaboración co Concello da Coruña, reúne unha combinación das imaxes das bandas e artistas máis coñecidas dese importante movemento cultural e social. Marivi Ibarrola é unha fotoxornalista rioxana que chegou a Madrid a finais dos anos 70 para estudar e tamén para empaparse do que estaba a suceder. Decidiu aportar a visión dende a súa cámara con intención de documentar algo que sabÃa que terÃa repercusión máis alá das paredes de lugares como a sala de concertos Rock-Ola. O seu arquivo persoal componse de más de trinta mil negativos dos que esta exposición amosa unha escolma cunha combinación das imaxes das bandas e artistas máis coñecidas dese importante movemento cultural e social. que transmiten o ruÃdo, a enerxÃa e a actitude de entón.
A exposición que estará aberta desde mañá 31 de agosto ata o 4 de outubro recolle fotografÃas nas que aparecen JoaquÃn Sabina, Mecano, Radio Futura, Alaska, Parálisis Permanente, Derribos Arias, Kike Turmix. Tamén de artistas internacionais como David Bowie, Andy Warhol ou Joe Strummer. E, por suposto, representantes diso que denominamos "A invasión galega": Siniestro Total, protagonistas da imaxe promocional da exposición disparando a Marivi, Germán Coppini, Antón Reixa, Victor Aparicio, Antón Patiño e Menchu Lamas, como a única muller galega que veremos na mostra. O ciclo Elas Son Artistas continúa este mes de setembro enchendo de arte en clave feminina os concellos de Betanzos, Culleredo e Sada coas actuacións de Carolina Rubirosa e Aüdra; o humor de Reinas Malas; e Nuria Vil e Pamela RodrÃguez, respectivamente