A coincidir coa celebración do último festival Viñetas desde o Atlántico este mes de agosto, Demo Editorial presentou tres novos lanzamentos de banda deseñada. Brais e Chisco, extremo risco, do galego Santy Gutiérrez é un dos máis destacados. Este álbum de 52 páxinas para público infantil e xuvenil compila as historias humorÃsticas arredor dos deportes estremos que o autor publicara na revista MÃster K e que teñen un ieti e un pingüino como protagonistas.
Canda a esta, a editora presentou a tradución ao galego da obra O cárcere da fin do mundo. Este traballo dos arxentinos Santiago Sánchez Kutika e Kundo Krunch narra en 96 páxinas a visita real que un xornalista realizou en 1933 a un penal no estremo sur dese paÃs para entrevistas os reclusos máis célebres.
Finalmente, o responsable da firma, Manel Cráneo, coordinou en cinco dÃas o lanzamento dunha publicación de homenaxe a Francisco Ibáñez. En Ibáñez. Un homenaje con bastante personaje 34 autores, galegos e españois, fixeron versións do coñecido debuxante e dos seus personaxes con ocasión do seu falecemento. A obra repartiuse nos postos de libreiros e editores durante a celebración do Viñetas desde o Atlántico.